factograf
GL

filósofo e escritor francés

Emil Cioran

Emil Cioran
All data from the card 19
Nacemento
8 de abril de 1911 Rășinari
Morte
20 de xuño de 1995 (84 anos)13º distrito de París
Causa da morte
alzhéimer
Lugar de sepultura
Cemiterio de Montparnasse
Residencia
París (1937–)
Ideoloxía política
Trăirism (en)
Educación
Universidade Humboldt de Berlín (1933–1935)Universidade de Bucarest - filosofía (–1932)Universidade de París
Campo de traballo
Filosofía
Ocupación
filósofo, aforista, autor de diarios, escritor, tradutor
Período
Filosofía contemporánea
Empregador
Andrei Șaguna National College (en)
Membro de
Academia Romanesa (2009–)
Movemento
Pesimismo, existencialismo, antiintelectualismo e filosofía continental
Influencias
Vasily Rozanov (pt) , Arthur Schopenhauer, Laozi, Søren Kierkegaard, Friedrich Nietzsche, Fiódor Dostoievski, Georg Simmel, Henri Bergson, Lev Shestov (pt) e Benjamin Fondane
Arquivos en
Bibliothèque littéraire Jacques-Doucet (en)
Parella
Simone Boué
Pai
Emilian Cioran
Irmáns
Aurel Cioran
Descrito pola fonte
Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en)
Lápida na tumba de Emil Cioran
Lápida na tumba de Emil Cioran

Emil M. Cioran, nado en Răşinari (—Städterdorf en alemán, Resinár en húngaro—, Sibiu, Romanía, entón parte do Imperio Austrohúngaro) o 8 de abril de 1911 e finado en París o 20 de xuño de 1995, foi un escritor e filósofo de orixe romanesa. A maior parte das súas obras publicáronse en francés.

Traxectoria

Cioran foi fillo dun sacerdote ortodoxo. Asistiu á Universidade de Bucarest, onde en 1928 coñeceu a Eugène Ionesco e a Mircea Eliade. En 1937 continuaba os seus estudos no Instituto Francés en París, onde viviu a maior parte do resto da súa vida.

Os seus primeiros traballos publicáronse en romanés, mais posteriormente escribiría exclusivamente en francés. O seu estilo baséase en afirmacións curtas e aforismos, fortemente influídas por Nietzsche e o pesimismo de Schopenhauer ou Philipp Mainländer.

William H. Gass definiu o traballo de Cioran como "un romance filosófico en temas modernos como a alienación, o absurdo, o aborrecemento, a futilidade, a decadencia, a tiranía da historia, a vulgaridade do cambio, a conciencia como agonía, a razón como enfermidade".

Definido en ocasións como un "filósofo sen sistema", aínda que as súas formulacións entran dentro da chamada filosofía do absurdo, as súas obras foron amplamente criticadas. A súa resposta era de confrontación respecto ós filósofos preocupados por crear un sistema o suficientemente complexo e estable para que non puidera ser derrubado. Ante isto, Cioran penetra na contradición aparente como forma de pensamento, sendo as súas afirmacións contraditorias incluso no propio texto. Afirma a falsidade de toda doutrina filosófica, baseándose na incapacidade humana de crear ideas libres.[Cómpre referencia]

Finou por causas naturais a avanzada idade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Del inconveniente de haber nacido (en castelán)
  • Los "Cuadernos" de E. Cioran (en castelán)
  • blip.tv. Documentales sobre E. M. Cioran

Read next

In 56 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article