factograf
GL
Sign in

cidade de Ucraína

Donetsk

Donetsk

Key facts

poboación901.645
superficie358km²
instancia decidade de importancia rexional de Ucraína, cidade de Ucraína, cidade
paísUcraína
data de creación ou fundación1869
elevación sobre o nivel do mar169m
All data from the card 4
Código postal
283000–283497
OpenStreetMap
1413957
VIAF
314807960
Freebase
/m/02qbpd

Donetsk é unha cidade de Ucraína, no extremo sueste do país, cabeceira da rexión minerometalúrxica e industrial de Donbass, unha das maiores de Europa, aínda que coma case todas deste tipo, en forte recesión. A poboación da cidade segundo ó censo do 2001 era de 1 016 194.

A orixe de Donetsk ten sido xustamente unha planta metalúrxica establecida no lugar polo británico John Hughes en 1869.

Historia

Yuzovka en 1912 dende a aceiría.
Yuzovka en 1912 dende a aceiría.
2 images

A bisbarra onde se asenta a cidade era unha zona de granxas pertencentes a terratenentes, aldeas dos campesiños que as traballaban e, dende o século XVIII, explotacións mineiras do carbón espalladas polo territorio.

En 1869, o empresario galés John Hughes obtivo da administración tsarista a concesión para levantar uns altos fornos en terreos que mercou ao príncipe Sergey Kochubeem próximos á aldea de Aleksandrovka. Xunto a aceiría, unhas vivendas para os obreiros e pronto, ao norte, unha pequena poboación (entre o río Kalmius ao leste e un afluente menor ao oeste) e que recibiu o nome de Hughesovka (Yuzovka na transcrición fonética ao ruso) [1] Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine..

O crecemento do centro metalúrxico e a cidade (en retícula, privilexiando as rúas norte-sur) foron paralelos e espectaculares: de 164 habitantes en 1870 a 5.494 (1884), 29.000 (1897), 70.000 (1914-17).

En 1924, xa na época soviética coma parte de Ucraína, cambiou o seu nome a Stalino (non por Stalin senón por aceiro en ruso).

Durante a segunda guerra mundial foi case que totalmente destruída, sendo reconstruída a grande escala no período posterior. En 1961 renomeouse coma Donetsk, polo río en cuxa conca esténdese unha das concentracións mineiras e industriais maiores do mundo (Donbass), da que a cidade é o centro máis importante.

Nos últimos decenios, coma o resto das áreas da industria pesada do planeta, sofre unha forte recesión e reconversión.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 131 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article