Dimetrodon (do grego antigo "dentes de dobre medida") é un xénero de depredadores sinápsidos fósiles, que viviron durante o período permiano da era paleozoica, hai 295 a 272 millóns de anos É o único membro da familia Sphenacodontidae. A máis salientable característica do Dimetrodon é a súa vela espiñal neural no seu lombo, formada por longas espiñas que se estenden dende as vértebras. Camiñaban a catro patas e tiñan un cranio alto e curvo con grandes dentes de diferentes tamaños situados ó longo das mandíbulas. A maioría dos fósiles foron descubertos no suroeste dos Estados Unidos, moitos deles nun depósito xeolóxico coñecido como Red Beds de Texas e Oklahoma. Tamén foron descubertos algúns fósiles en Alemaña. Nomeáronse unha ducia de especies dende que o xénero foi descrito por vez primeira en 1878.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Dimetrodon Palaeos en Dimetrodon (en inglés)
- Introdución ós Pelicosauros páxina da University of California Museum of Paleontology sobre os primeiros sinápsidos, incluíndo o Dimetrodon (en inglés)
- PBS Eons, ed. (21 de agosto de 2017). "Dimetrodon: Our Most Unlikely Ancestor" – vía YouTube.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
