David William Moyes, nado en Bearsden o 25 de abril de 1963, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol escocés. Xogaba de defensa e actualmente adestra o West Ham United FC da Premier League inglesa.
Traxectoria
O 9 de maio de 2013 anunciouse que sería o sucesor de Alex Ferguson no Manchester United. En abril de 2014 foi destituído debido aos malos resultados, sendo substituído por Ryan Giggs.
O 11 de novembro de 2014 firmou como novo adestrador da Real Sociedad até xuño de 2016, en substitución de Jagoba Arrasate.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do adestrador en soccerbase.com (en inglés)
