factograf
GL

Alex Ferguson

Alex Ferguson
All data from the card 10
Nacemento
(en) Alexander Chapman Ferguson 31 de decembro de 1941 (84 anos)Govan
Educación
Broomloan Road Primary School (en) Govan High School (en)
Altura
180 cm
Campo de traballo
Fútbol, adestramento deportivo, biografía, literatura de divulgación científica e Gestão do Esporte (pt)
Ocupación
futbolista, escritor, xerente, autobiógrafo, adestrador de fútbol, deportista
Pseudónimo literario
Fergie
Nacionalidade deportiva
Escocia
Deporte
fútbol
Posición de xogo
Dianteiro
Fillos
Darren Ferguson

Sir Alexander Chapman "Alex" Ferguson, CBE, nado en Govan (Glasgow) o 31 de decembro de 1941, é un exadestrador e futbolista escocés. Foi técnico do Manchester United dende 1986 até 2013.

Na súa memoria, como o adestrador con máis títulos na historia do fútbol, o 13 de maio de cada ano celébrase o Día Mundial do Adestrador de Fútbol, lembrando que, nesta data do 13 de maio de 2013, celebrou o seu último partido.</ref>La Voz de Galicia, 14.05.2025.</ref>

Traxectoria

Adestrou ao East Stirlingshire, ao St. Mirren e ao Aberdeen, desde onde se trasladou ao banco de Old Trafford. Tamén foi seleccionador escocés tras a morte de Jock Stein. Adestrou durante máis de dúas décadas ao Manchester United, converténdose no técnico con máis anos no equipo desde Matt Busby (1945-1969).

Con el no banco, o United obtivo once campionatos ligueiros e dous títulos europeos, máis títulos que en toda a súa historia até o mento. Tamén foi nomeado «adestrador do ano» en máis ocasións que calquera outro na historia. En 1999 converteuse no único adestrador en obter nun mesmo ano e cun equipo británico Premier League, FA Cup e Champions; así mesmo, é o único adestrador que se impuxo na FA Cup en cinco ocasións, así como o único técnico en obter a Premier co mesmo equipo en tres ocasións consecutivas (1998-99, 1999-00 e 2000-01; 2006-07, 2007-08 e 2008-09). En 2008 converteuse, despois de Brian Clough (Nottingham Forest) e Bob Pasley (Liverpool), no terceiro adestrador británico en obter en dúas ocasións a Champions League.

No plano individual é membro do English Football Hall of Fame e comandante do Imperio Británico (CBE), honra que lle concedeu Sabela II en 1999. Ademais, despois de conducir ao equipo da cidade cara á "idade de ouro" da súa historia, o concello de Aberdeen concedeulle o Freedom of the City of Aberdeen.

Read next

In 92 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article