factograf
GL
Sign in

pedagogo, Estados Unidos de América

Condoleezza Rice

Condoleezza Rice

Key facts

data de nacemento14 de novembro de 1954
ocupaciónpolítico, escritor, politicólogo
lugar de nacementoBirmingham
empregadorUniversidade Stanford
cargo ocupadosecretario de Estado dos Estados Unidos
membro do partido políticoPartido Republicano
descrito pola fonteLentapedia
All data from the card 13
Nacemento
14 de novembro de 1954 (71 anos)Birmingham
Grupo étnico
Pobo afroamericano
Relixión
Protestantismo
Educación
Universidade de Denver (pt) Universidade de Notre Dame (pt) Josef Korbel School of International Studies (en)
Campo de traballo
Ciencia política, política e diplomacia
Lugar de traballo
Stanford
Ocupación
política, pedagoga, profesora universitaria, pianista, autobiógrafa, politicóloga, diplomática, escritora, académica
Empregador
Universidade Stanford
Partido político
Partido Republicano
Membro de
Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos Phi Beta Kappa
Instrumento
Piano
Descrito pola fonte
LentapediaLentapediaNotable Black American Women
Sitio web
profiles.stanford.edu…


Condoleezza Rice, nada en Birmingham (Alabama) o 14 de novembro de 1954, é unha política republicana estadounidense.

Traxectoria

Rice reunida co ministro S. Lavrov.
Rice reunida co ministro S. Lavrov.
Condoleezza Rice saúda a William Lehigh. Durante o discurso, Rice foi interrompida repetidamente polos opositores á "guerra contra o terror". Boston College. 22 de maio de 2005.
Condoleezza Rice saúda a William Lehigh. Durante o discurso, Rice foi interrompida repetidamente polos opositores á "guerra contra o terror". Boston College. 22 de maio de 2005.
2 images

Formación

Condoleeza naceu no Holy Family Community Hospital de Birmingham, Alabama. É filla única de John W. Rice. Jr e Angelena Ray, profesora de secundaria. Estudou na St. Mary's Academy, licenciada en artes na Universidade de Denver e doutora en Filosofía na mesma universidade en Denver.

Comezos na política

Rice foi demócrata até 1982. Despois cambiou a republicana porque non estaba de acordo coa política exterior do presidente demócrata Jimmy Carter, e tamén por influencia do seu pai, que era republicano.

Carreira

Foi a 66ª Secretaría de Estado dos Estados Unidos e a segunda secretaria de Estado do ex presidente George W. Bush. Ela tomou o relevo de Colin Powell o 26 de xaneiro de 2005, despois de que este renunciase. Rice foi a primeira muller afroamericana, a segunda afroamericana (despois de Powell) e a segunda muller (despois de Madeleine Albright) en servir como secretaria de Estado.

Antes de converterse en secretaria de Estado, Condoleezza Rice foi a asesora de Seguridade Nacional de Bush durante o seu primeiro mandato (2001–2005), exercendo o cargo durante os ataques do 11 de setembro. Antes de diso, foi profesora de ciencias políticas na Universidade Stanford de 1993 a 1999, onde tamén foi reitora.

Relacións internacionais

Rice foi Secretaria de Estado na década seguinte ao final da guerra fría. Tiña visitado a URSS en 1979. Aínda que deslizou certas críticas ao réxime de Vladimir Putin, en xeral mantivo boas relacións coa Federación Rusa, de quen dixo que colaboraron na chamada "guerra contra o terrorismo" e nas relacións con Oriente Medio, cando o Ministro de Exteriores Sergey Lavrov asegurou que non se oporían á resolución sobre Irán. Rice criticou máis tarde a intervención rusa en Osetia do Sur.

Críticas á súa xestión

As actividades de Condoleezza Rice na Administración de George W. Bush foron sometidas a unha dura crítica tanto nos EEUU como no estranxeiro.

Sobre a guerra de Iraq

A senadora demócrata de California Barbara Boxer criticou a Rice en relación coa guerra de Iraq: "Persoalmente, creo -esta é a miña visión- que a súa lealdade a esta operación, a xustificación desta guerra, superou o seu respecto pola verdade.".

Na Universidade

Insatisfeitos coas súas políticas tentaron impedir que Rice falase en público en institucións educativas, como a Universidade de Princeton e o Boston College, cuxa administración suxeriu que Rice dimitise como profesora asociada.

Sobre o Katrina

Durante o paso do furacán Katrina e o agravamento da situación en Nova Orleáns, rumoreuse que Rice asistiu a unha representación en Broadway. No documental do cineasta afroamericano Spike Lee When the Dams Collapsed, Michael Eric Dyson criticouna: "Ao mesmo tempo que a xente afogaba, ela camiñaba pola Madison Avenue, comprando zapatos Ferragamo. Despois foi ver Spamalot!"

Vida persoal

Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación co ministro canadense Peter MacKay; Rice negou o romance pero afirmou que fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que ela planeaba deixar.

Tamén foi vinculada polos medios ou a opinión pública cos ministros de Relacións Exteriores italiano (Massimo D'Alema) e británico (Jack Straw) e segundo ela suxeriu despois do asasinato de Muamar al-Qadafi, o líder libio tiña unha "obsesión arrepiante" con Rice, a quen lle fixo un álbum de fotos e un vídeo dos seus encontros con Vladimir Putin e Hu Jintao, e a quen chamaba "flor negra na Casa Branca" e "princesa africana".

Participación audiovisual

Rice participou no documental de 2011 Miss Representation ririxido e producido por Jennifer Siebel Newsom. A película explora como os medios principais contribúen á sub-representación das mulleres en posicións influentes ao facer circular retratos limitados e, a miúdo, despectivos delas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Biografía do Departamento de Estado dos EUA
  • Biografía da Casa Branca
  • Biografía Arquivado 18 de novembro de 2008 en Wayback Machine. Archived da Institución Hoover
  • Perfil de BBC News

Read next

In 90 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article