factograf
GL
Sign in

xénero de aves

Circus

Circus

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonCircus
categoría taxonómicaxénero
descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Circus

Tartaraña das xunqueiras
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Subfamilia: Accipitrinae
Xénero: Circus
Lacépède, 1799
Especie tipo
Falco aeruginosus
Carl Linné, 1758
Especies

Ver texto

Circus é un xénero de aves de presa accipítridas entre as que están as tartarañas e a gatafornela. As tartarañas cazan caracteristicamente voando baixo sobre terreo aberto, alimentándose de pequenos mamíferos, réptiles ou aves. Son aves facilmente identificables coas súas ás longas, unha cola estreita longa, un voo lento e baixo sobre pradeiras e teñen peculiaridades no cranio. Pénsase que as tartarañas se diversificaron coa expansión das pradeiras e a aparición das herbas C4 hai uns 6 a 8 millóns de anos durante o Mioceno tardío e o Plioceno.

Taxonomía

Macho adulto de Circus hudsonius.
Macho adulto de Circus hudsonius.
Un macho de tartaraña cincenta (Circus pygargus) mostra as ás en curva ascendente características e o hábitt de pradeira.
Un macho de tartaraña cincenta (Circus pygargus) mostra as ás en curva ascendente características e o hábitt de pradeira.
2 images

O xénero Circus foi creado polo naturalista francés Bernard Germain de Lacépède en 1799. Como especie tipo foi seguidamente designada a tartaraña das xunqueiras. A maioría das tatarañas están situadas neste xénero. A palabra Circus procede do grego antigo κρέξ (kréx) que se refire a unha ave de pernas longas e é posible que en último extremo derive dunha onomatopea.

O xénero Circus foi situado no pasado na subfamilia Circinae, pero os estudos de filoxenia molecular mostraron que este agrupamento é polifilético, aniñado dentro de Accipitrinae. As especies do xénero Polyboroides non están estreitamente emparentados con el e sitúanse na súa propia subfamilia Polyboroidinae

Especies

O xénero contén 16 especies, das cales en Galicia viven a tartaraña das xunqueiras, a tartaraña cincenta e a gatafornela:

Xénero Circus – Lacépède, 1799 – dezaseis especies
Nome común Nome científico e subespecies Distribución Tamaño e ecoloxía Status da IUCN e poboación estimada
Tartaraña cincenta

Circus pygargus
(Linnaeus, 1758)
Eurasia, inverna en África e a India
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Gatafornela

Circus cyaneus
(Linnaeus, 1766)
Eurasia
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Circus hudsonius
(Linnaeus, 1766)
América do Norte
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Tartaraña das xunqueiras

Circus aeruginosus
(Linnaeus, 1758)

Dúas subspecies
  • C. a. aeruginosus (Linnaeus, 1758)
  • C. a. harterti Zedlitz, 1914
Europa, oeste de Asia; a distribución invernal inclúe África e a India.
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Circus spilonotus
Kaup, 1847
Asia (migratoria) Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Circus ranivorus
(Daudin, 1800)
sur e centro de África
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Circus approximans
Peale, 1849
Nova Zelandia, Australia, illas do Pacífico Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 



Circus spilothorax
Salvadori & D'Albertis, 1875
Nova Guinea
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 



Circus macrosceles
Newton, 1863
Océano Índico (Madagascar e as Illas Comores) Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 EN 


Circus maillardi
J. Verreaux, 1862
(Océano Índico) Illas da Reunión
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 EN 


Circus buffoni
(Gmelin, JF, 1788)
América do Sur
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Circus assimilis
Jardine & Selby, 1828
Australia, Indonesia
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Circus maurus
(Temminck, 1828)
sur de África
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 EN 


Circus cinereus
Vieillot, 1816
América do Sur
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Tartaraña de peito branco

Circus macrourus
(S. G. Gmelin, 1770)
migratoria: leste de Europa, Asia, África (inverno)
Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Circus melanoleucos
(Pennant, 1769)
Asia Tamaño:

Hábitat:

Dieta:
 LC 


Fósiles

  • † Circus teauteensis (prehistórica)
  • † Circus dossenus (prehistórica)

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Vídeos de tartarañas en the Internet Bird Collection
  • Vídeos de tartarañas en the Internet Bird Collection
  • Newton, Alfred (1911). "Harrier". Encyclopædia Britannica 13 (11ª ed.). p. 17.

Read next

In 50 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article