factograf
GL

Cebú (cidade)

Cebú (cidade)

Key facts

poboación965.332
superficie315km²
paísFilipinas
data de creación ou fundación1565
elevación sobre o nivel do mar135m
fundadorMiguel López de Legazpi
All data from the card 5
Código postal
6000
OpenStreetMap
12455830
VIAF
124366351
ISNI
000000044671165X
Freebase
/m/01p_ly
Monumento a Magallanes en Mactán, Cebú, Filipinas.Erixido polo goberno de Isabel II.
Monumento a Magallanes en Mactán, Cebú, Filipinas.Erixido polo goberno de Isabel II.

A cidade de Cebú (en filipino e lingua cebuana Dakbayan sa Sugbo, en inglés City of Cebu ou Cebu City, en castelán Ciudad de Cebú, coñecida popularmente como La Reina del Sur) é unha cidade filipina situada na costa oriental da illa de Cebú, na rexión das Visayas Centrais. É a capital da provincia de Cebú. A súa poboación en 2007 era de 814 296 habitantes, chegando aos 2 314 897 na aglomeración (Gran Cebú).

Cebú es, tras a Gran Manila, o centro económico e mercantil máis importante de Filipinas. Ten numerosos parques empresariais, distrito de negocios, universidades, colexios, hospitais e outros servizos. Por outra parte, nas súas proximidades está a illa de Mactán, que acolle un nutrido turismo.

Cebú está conectada co resto do arquipélago das Visayas, das que é a capital, así como co resto do país e con diversos destinos internacionais grazas ao seu aeroporto (Aeroporto Internacional Mactán-Cebú) e ao seu porto marítimo.

Historia

Cando o explorador portugués ao servizo do imperio español Fernão de Magalhães arribou coa súa frota ao que hoxe é o arquipélago das Visayas, tras unha viaxe épica a través do Pacífico buscando as illas das Especias, os nativos sinaláronlle a Sugbo como o centro comercial do arquipélago, que xa era unha cidade próspera desde había 3 000 anos. Tiña relacións comerciais con China e outros países do Sueste asiático.

O 16 de marzo de 1521, os conquistadores chegaron a Cebú. Non foi sorprendente que o raxá Humabon e a súa esposa Humamay, que eran os caciques da cidade, lle deran a benvida sonrientes, xa que eran os primeiros occidentais que poñían pé a tierra naquela zona. Porén, hai que indicar que os forasteiros non eran estraños aos cebuanos, xa que desde había séculos, os barcos cargados con porcelana, seda, especias, ferro e outras mercadorías arribaban a porto, desde os puntos máis afastados de oriente.

Magalhães o primeiro que fixo foi plantar a cruz na cidade e bautizar aos nativos na fe católica; pero a inicial benvida tornouse rapidamente en rebelión fronte aos visitantes. Tras algunhas escaramuzas, un rei da veciña illa de Mactán, chamado Lapu-Lapu, asasinouno.

Elcano, que tomou o mando da frota española, completou a gran proeza, dando por primeira vez a volta ao mundo.

Tras corenta anos de interludio, en marzo de 1565 Miguel López de Legazpi desembarca na illa de Cebú con 380 homes. O 27 de abril de 1565 funda a Villa de San Miguel (actual Cebú), cabeceira dos dominios españois en Filipinas até 1571, e base para a conquista do arquipélago filipino.

Transcorreron cerca de cincocentos anos desde a chegada dos españois, e a cruz erixida por Magallaães continúa alzada no centro da cidade, símbolo da cristiandade, o legado —non o único— máis forte deixado por eles.

Cidades irmandadas

Internacionais
Bandung, Indonesia
Yeosu, Corea do Sur
Barcelona, España
Beersheba, Israel
Busan, Corea do Sur
Chula Vista, California, Estados Unidos
Seattle, Washington, Estados Unidos
Guadalaxara, México
Haarlemmermeer, Países Baixos
Xiamen, China
Kaoshiung, Taiwán
Parramatta City, Australia
Kortrijk, Bélxica
Sabrosa, Portugal
Local
Butuan, Agusan del Norte
Davao City, Davao del Sur
Manila, Metro Manila

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Cebu Investment Promotions Center
  • Comisión de Turismo da Cidade de Cebú

Read next

In 75 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article