factograf
GL
Sign in

Amurrio

Amurrio

Key facts

poboación10.364
superficie96,36km²
instancia deconcello de España
paísEspaña
capitalAmurrio
data de creación ou fundación1919
elevación sobre o nivel do mar219m
xefe do gobernoTxerra Molinuevo Laña
continenteEuropa
situado na unidade administrativaCuadrilla de Aiara
All data from the card 5
Código postal
01470
Código INE
01002
OpenStreetMap
348224
VIAF
125648371
Freebase
/m/089x30

Amurrio é unha localidade, cabeza do concello homónimo, pertencente á Cuadrilla de Aiara, comarca sita no noroeste da provincia de Áraba, na Comunidade Autónoma Vasca.

O concello ten unha superficie de 96,36 km².

Límites municipais

O concello de Amurrio linda polo norte cos de Aiara e Orozko (Biskaia); polo sur co de Orduña (Biscaia), polo leste con Zuia, e polo oeste tamén con Aiara.

Poboación

Segundo o INE o 1-1-2011 vivían 10.014 veciños no concello de Amurrio. A poboación tivo o súa maior alza entre os censos de 1950 e 1991. Dende ese ano, medra moi lentamente, decrecendo algúns anos.

Cantidade de poboaciónAno0200040006000800010.00012.000189019201950198020102040AmurrioEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Subdivisións

O termo está dividido en varias entidades colectivas (con datos de poboación de 2010; entre paréntese poboación no 2000):

  • Aloria - 25 hab. (30)
  • Amurrio - 8873 hab. (8518)
  • Artómaña/Artomaña - 70 hab. (71)
  • Barambio/Baranbio - 161 hab. (182)
  • Délica/Delika - 166 hab. (168)
  • Larrimbe/Larrinbe - 275 hab. (249)
  • Lecamaña/Lekamaña - 35 hab. (28)
  • Lezama - 264 hab. (289)
  • Saracho/Saratxo - 101 hab. (92)
  • Tertanga - 80 hab. (93)

Economía

A base económica é industrial, centrada sobre dúas industrias de tubos metálicos, que empregan entre ambas arredor de 1.500 traballadores.

Read next

In 46 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article