factograf
GL

príncipe de Novgorod

Alexandre Nevski

Alexandre Nevski

Key facts

data de nacemento13 de maio de 1220
data de falecemento14 de novembro de 1263
ocupacióngobernante, líder militar
lugar de nacementoPereslavl-Zalessky
cargo ocupadoGran Príncipe de Kíiv
descrito pola fonteEnciclopedia militar Sytin
All data from the card 14
Nacemento
13 de maio de 1220 Pereslavl-Zalessky
Morte
14 de novembro de 1263 (43 anos)Gorodets
Causa da morte
pneumonía
Lugar de sepultura
Mosteiro de Alexandre Nevski
Relixión
Cristianismo ortodoxo
Ocupación
gobernante, líder militar
Día de festividade relixiosa
November 23 (en)
Título
Gran Príncipe de Kíiv Gran Príncipe de Nóvgorod Grand Duke of Vladimir (en)
Familia
Dinastía Rurícovich e Q32360927
Cónxuxe
Alexandra Brachyslavna (1238, 1239 (Gregoriano)–)
Fillos
Q131143670, Vassili Aleksandrovitch, Dmitry of Pereslavl, Andrey of Gorodets, Daniel da Rússia
Pais
Jaroslau II de Vladimir e Feodossiya Mstislavna
Irmáns
Andrey II of VladimirYaroslav of TverVasily of KostromaMikhail Khorobrit
Descrito pola fonte
Enciclopedia militar SytinPequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e EfronDicionario Biográfico Ruso

Alexandre Nevski nado o 30 de maio de 1220 e finado o 14 de novembro de 1263. Foi Gran Príncipe de Novgorod e Vladímir.

Traxectoria

Fillo do Gran Príncipe Iaroslav, liderou aos rusos na batalla do río Neva en 1240, onde derrotou de xeito decisivo aos suecos no seu intento de invadir Rusia. O alcume Nevski fai memoria desa vitoria fundamental. Atallou tamén cun exército de infantaría a carga da famosa cabalaría de Orde Teutónica na batalla do lago Peipus, onde infrinxiu unha abraiante derrota aos cabaleiros teutóns.

Ante a ameaza mongol, soubo concitar habilmente as simpatías da dinastía de Jochi, apesares de terse negado a realizar a cerimonia de homenaxe aos devanceiros mongois. Consistía esta cerimonia en camiñar entre lumes e prostrarse ante a efixie dos antepasados dos invasores. Nevski respondeu con enteireza que el só se prostraba perante o Deus de Xesucristo. Chegou a ter unha grande amizade con Sartaq, o fillo de Batu Khan, quen o puxo á fronte de Vladimir.

Distinguiuse polo seu goberno xusto e prudente e a defensa do feble e o desvalido. As súas relacións de vasalaxe cara a Horda de Ouro permitíronlle evitar a aniquilación da civilización rusa.

Significación

Está considerado como un dos pais da patria rusa. Catarina I de Rusia creou a Imperial Orde de Alexandre Nevski o 21 de maio de 1752, como recoñecemento ao mérito patriótico e militar. Os soviéticos, ameazados polo avance do exército nazi en 1942, recuperaron esta condecoración.

A Igrexa Ortodoxa venérao como santo.

Read next

In 74 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article