factograf
GL
Sign in

Alcelafinos

Alcelafinos

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonAlcelaphinae
categoría taxonómicaSubfamilia
descrito pola fontePequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron
All data from the card 4
Freebase
/m/03rkt4
ITIS
624927
CoL
J4D
EOL
52230824
Connochaetes taurinus.
Connochaetes taurinus.
Topi (Damaliscis korrigum topi).
Topi (Damaliscis korrigum topi).
Beatragus hunteri.
Beatragus hunteri.
3 images

A dos alcelafinos (Alcelaphinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos.

A subfamilia comprende catro xéneros de antílopes de tamaño de mediano a grande que se distribúen amplamente, agrupados en grandes rabaños, polas sabanas da África subsahariana. Teñen características moi semellantes, polo que se reúnen nuha soa tribo, a dos alcelafininos (Alcelaphini).

Inclúe os alcélafos, os damaliscos, os ñus, e outras especies parecidas.

Características

Os alcelafinos son antílopes grandes con algunhas características moi peculiares:

Todos eles teñen alzada (as agullas ou a cruz, as articulacións das extremidades anteriores) moi altas, bastante máis que as ancas, e a cara —a miúdo longa e estreita— cunha aparencia ruda, pouco bovina.

Pódense distinguir tres tipos inconfundíbeis:

  • o topi e os seus afíns (todos os damaliscos) son os máis normais;
  • os alcélafos distínguense ben polo se dorso claramente descendente, e pola súa cabeza moi longa, coroada por unha especie de prolongamento no que se insiren os cornos;
  • os membros de ambos os grupos antecitados teñen a cola bordeada por unha especie de flocos de pelos tesos e negros na parte exterior (agás no alcélafo de Hunter ou hirola, Beatragus hunteri (antes Damaliscus hunteri);
  • pola súa parte os ñus, debido á súa cabeza e aparencia xeral con ornamentos pilosos peculiares (barba, crina e cola equina) teñen un aspecto inconfundíbel, un algo "extravagante".

Todos eles viven en hábitats abertos, especialmente nas sabanas das grandes chairas.

Son moi gregarios, e a maioría viven en grandes mandas.

Clasificación

Clasicamente a subfamilia utilízase no sentido da tribo dos Alcelaphini e non do clado Alcelaphini + Hippotragini. Este clado diverxeu dos caprinos hai aproximadamente 14 millóns de anos.

A subfamilia foi definida en 1876 polo naturalista e cazador británico Victor Brooke (1843-1893), in Wallace. Geog. Distr. Anim.: 224.

E a tribo en 1883 polo botánico, malacológo e zoólogo francés Alphonse Trémeau de Rochebrune (1836-1912), aínda que algúns adxudícanlle a súa autoría, en 1945, ao biólogo e paleontólolgo estadounidense George Gaylord Simpson (1902-1984).

Xéneros e especies

Segundo Mammal Species of the World (MSW), de Wilson & Reeder, a subfamilia comprende catro xéneros viventes, con 10 especies;

Subfamilia Alcelaphinae
Tribo Alcelaphini

Porén, segundo a UICN, a clasificación sería:

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–72 (ñus) e 104-123 (damaliscos e alcélafos).
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Alcelaphinae en Tree of Life.
  • Alcelaphinae no SIIT.
  • Alcelaphinae ns ADW.

Read next

In 40 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article