factograf
GL
Sign in

Colin Groves

Colin Groves

Key facts

data de nacemento24 de xuño de 1942
data de falecemento30 de novembro de 2017
educado enUniversity College de Londres
ocupaciónantropólogo biolóxico, primatólogo, mastozoólogo
lugar de nacementoLondres
lugar de falecementoCamberra
All data from the card 8
Nacemento
24 de xuño de 1942 Londres
Morte
30 de novembro de 2017 (75 anos)Camberra
Residencia
Camberra
Educación
University College de Londres - Doutor en filosofía Universidade Nacional Australiana
Campo de traballo
Antropoloxía física, primatoloxía e terioloxía
Ocupación
antropólogo biolóxico, profesor universitario, mastozoólogo, primatólogo, académico
Empregador
Universidade Nacional Australiana (1974–2015) Universidade de Cambridge Universidade de California, Berkeley, investigador posdoutoral
Abreviatura do autor en zooloxía
Groves

Traxectoria

Formación e primeiros anos

Nado en Londres, Inglaterra en 1942, acadou no University College de Londres o título de Bachelor of Science en 1963, e o doutoramento (Ph.D.) no Royal Free Hospital School of Medicine da mesma universidade en 1966.

Desde 1966 a 1973, Groves fixo estudos de posdoutoramento na Universidade de California, Berkeley, onde tamén foi profesor Fellow.

Así mesmo impartiu clases no Queen Elizabeth College de Londres e na Universidade de Cambridge.

En Australia

En 1974 emigrou a Australia, onde desde esa data dita clases na Australian National University de Canberra, sendo promovido a catedrático no ano 2000.

Os seus intereses académicos céntranse na evolución dos humanos e outros primates e mamíferos, na antropoloxía biolóxica e na etnobioloxía.

Groves levou a cabo extensos traballos de campo en Kenya, Tanzania, Ruanda, India, Irán, China, Indonesia, Sri Lanka e a República Democrática do Congo.

Xunto co biólogo checo Vratislav Mazák, Groves foi o descritor da especie Homo ergaster. Así mesmo, en 2010, xunto con Myron Shekelle, biólogo evolutivo, ecólogo e taxonomista da Western Washington University, de Bellingham, Estados Unidos, describiu o novo xénero de primate tarsíido Carlito.

Groves tamén escribiu libros sobre a taxonomía dos primates, publicado pola Smithsonian Institution o ano 2001, e dos ungulados, publicado por The Johns Hopkins University Press en 2011.

É un membro activo da organización Australian Skeptics (Escépticos australianos), e publicou numerosos artigos sobre escepticismo relixioso, ademais doutros dentro da súa área de traballo directa. Tamén dirixiu numerosos debates con creacionistas e antievolucionistas.

Principais publicacións

  • 1989 A Theory Of Human And Primate Evolution (Unha teoría sobre a evolución dos humanos e os primates) Oxford Science Publications.
  • 1989 Skeptical (Escéptico). Editado por Donald Laycock, David Vernon, Colin Groves, Simon Brown. Australian Skeptics
  • 1996 From Ussher to Slusher; from Archbish to Gish; or, not in a million years... (Desde Ussher até Slusher; desde o arcebispo até Gish; ou, non nun millón de anos...) Archaeology in Oceania, 31: 145-151.
  • 1998 "Systematics of tarsiers and lorises". Primates 39: 13–27.
  • 2001 Primate Taxonomy, (Taxonomía de primates). Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-872-X.
  • 2003. The science of culture. Being Human: Science, Culture and Fear. (A ciencia da cultura. Sendo humano: ciencia, cultura e medo.) Royal Society of New Zealand, Miscellaneous Series, 63: 3-13.
  • 2004 (xunto con David W. Cameron) Bones, Stones and Molecules. (Ósos, pedras e moléculas) Ámsterdam, Boston, etc.: Elsevier Academic Press.
  • 2005. "Order Primates". En D. E. Wilson; D. M. Reeder, Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. The Johns Hopkins Univ. Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • 2008. Extended Family: Long Lost Cousins: A Personal Look at the History of Primatology. Arlington, Virginia: Conservation International. ISBN 978-1-934151-25-9.

Abreviatura

A abreviatura Groves emprégase para recoñecer a Colin Groves como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Read next

In 22 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article