factograf
GL
Sign in

comuna italiana

Agrigento

Agrigento

Key facts

poboación55.512
superficie245km²
instancia decidade, concello de Italia, polis
paísItalia
data de creación ou fundación580 BC
elevación sobre o nivel do mar230m
All data from the card 4
Código postal
92100
OpenStreetMap
39202
VIAF
152460676
Freebase
/m/0c8lb
San Lorenzo.
San Lorenzo.
Templo da Concordia.
Templo da Concordia.
2 images

Agrigento (en siciliano: Girgenti) é unha cidade siciliana, capital da provincia de Agrigento, situada na costa sur da illa de Sicilia. Coñécese como o lugar onde se levantou a antiga cidade grega de Acragante (isto é, Ἀκράγας en grego, Agrigentum en latín e Kerkent en árabe), unha das cidades máis importantes da Magna Grecia durante a época de ouro da Grecia antiga. Ten uns 60.000 habitantes, e outras cidades importantes da provincia son Licata e Naro, a última das cales é coñecida polas súas ben conservadas catacumbas, ou lugares secretos para a oración dos primeiros cristiáns.

Historia

Foi fundada co nome de Akragas por gregos procedentes de Gela, orixinarios da illa de Rodas e de Creta no 580 a.C, foi unha das colonias máis importantes da Magna Grecia. No ano 406 a.C. os cartaxineses guiados por Haníbal destruíron a cidade case totalmente.

No ano 210 a.C. tras a segunda guerra púnica, pasou ao control do Imperio Romano co nome de Agrigentum.

A forma en lingua siciliana Girgenti foi o nome oficial da cidade ata 1927, cando Benito Mussolini impuxo unha versión latinizada.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Agrigento en La Sicilia.es Guía de Agrigento. O Val dos Templos. (en castelán)
  • Agrigento: o esplendor de Grecia
  • Paradoxplace Agrigento Fotos e historia
  • O único portal dedicado totalmente á cidade de Agrigento e seu espléndido val dos Templos. Historia, tradicións e eventos. (en español e varios idiomas europeos)

 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 97 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article