factograf
GL
Sign in

xénero de plantas

Acacia

Acacia

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonAcacia
categoría taxonómicaxénero
descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
All data from the card 8
Freebase
/m/0pzy
MeSH
D000045
OpenAlex
C2780713402
ITIS
26417
OTT
560307
CoL
LV7
EOL
39940157
WFO
wfo-4000000074

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

Distribución

Coñécese co nome común de «acacia» a moitas árbores leguminosas deste xénero e tamén doutros xéneros (as chamadas «falsas acacias», tales como Robinia pseudoacacia, Gleditsia triacanthos ou a Sophora japonica). Das máis de 3.000 especies descritas no mundo tan só unhas 1.400 especies son aceptadas; e, delas, 970 pertencen ao xénero Acacia, stricto sensu, e unhas 950 proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes.

Están presentes en tódolos hábitats terrestres, incluíndo contornas alpinas, selvas tropicais, bosques, pasteiros, dunas costeiras e desertos. Nos bosques máis secos son un compoñente importante do sotobosque. Noutros lugares poden ser dominantes como no Brigalow Belt de Australia.

En Australia, o bosque de Acacia, é o segundo tipo de bosque máis común despois do bosque de eucalipto, cubrindo 980.000 quilómetros cadrados, un 8% da superficie forestal total. Acacia é tamén o xénero máis grande do país de plantas con flores, con case 1.000 especies atopadas.

En Galicia considéranse especies invasoras.

Hábitat

Acacia drepanolobium
Acacia drepanolobium
Acacia sp.
Acacia sp.
2 images

Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 °C. No verán necesitan abundantes regas, cunha fertilización completa.

Ecoloxía

As acacias salientan por ser plantas fixadoras de nitróxeno. Desta forma, contribúen á nitrificación do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalgúns territorios, desprazando especies autóctonas (mimosa, acacia negra).

Cultivo

Hai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies aprécianse en xardinería. Son de rápida xermolación e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente dos ferrocarrís e rapidamente se estendeu. A acacia negra plantouse con fins madeireiros.

Algunhas especies de acacia -en particular A. baileyana, A. dealbata e A. pravissima - son cultivadas como plantas ornamentais de xardín. A publicación de 1889 "Useful native plants of Australia: Including Tasmania" describe varios usos para comer.

Toxicidade

Algunhas especies de acacia conteñen alcaloides psicoactivos e outras conteñen fluoroacetato de potasio, un veleno para roedores.

Especies

Artigo principal: Especies de Acacia.

Asilvestradas en Galicia

  • Acacia dealbata - Mimosa. Amplamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
  • Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia de madeira negra. Diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa.
  • Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos. Presente nas illas Cíes, A Lanzada e outras zonas das Rías Baixas.
  • Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase da A. dealbata por ter dúas glándulas no raque baixo cada par de pinnas, por unha de A. dealbata. Está presente en Cangas de Morrazo (Pontevedra).
  • Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - En Padrón.
  • Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen = Albizia lophantha (Willd.) Benth. = Albizia distachya - Aparece en diferentes localidades costeiras dende A Guarda até Ferrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo.

Outras

As especies máis cultivadas son:

  • Acacia armata, utilizada para sebes, foliolos de cor verde escura, con espiñas, flores solitarias amarelas. Non máis de 4 m.
  • Acacia baileyana, de crecemento rápido, malia que de vida curta. Pólas penduradas,inflorescencias en acios. Non máis de 6 m.
  • Acacia armata variedade purpurea, igual que a anterior mais coas follas de cor azulenta.
  • Acacia mucronata, moi resistente, filodios moi estreitos.
  • Acacia verticillata, arbusto mesto, de até 6 m, con filodios punzantes, en verticilos.
  • Acacia farnesiana, arbusto máis miúdo, común en zonas de bosque seco de Centroamérica.

Algunhas especies ameazadas de extinción:

  • Acacia parviceps (Speg.) Burk.
  • Acacia velutina var. monadena Hassler.

Outras especies:

  • Acacia bonariensis
  • Cassia ferruginea (Schrad) Schrad ex DC)
  • (Acacia jurema
  • (Acacia farnesiana - Acacia amarela.
  • Acacia cebil
  • Acacia decurrens
  • Acacia podalyraefolia A. Cunn - Acacia mimosa.
  • Acacia suma - Acacia hindú.
  • Acacia nilotica - Acacia do Senegal, Acacia exipcia.
  • Acacia cultriformis A. Cunn. ex G. Don - Esponxiña.
  • Acacia koa (A. Gray)
  • Acacia cyanophylla
  • Acacia anegadensis

Read next

In 92 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article