Unha zoonose é calquera doenza infecciosa que poida ser transmitida ó home a partir dos animais, sexan domésticos ou salvaxes. A palabra deriva das palabras gregas zoon (animal) e nosos (doenza). Moitas doenzas graves pertencen a esta categoría.
Exemplos
Exemplos coñecidos de zoonoses son: rabia, salmonelose, toxoplasmose, hidatidose, leptospirose, leishmaníase, xiardíase etc.
As doenzas causadas por seres como moscas e pulgas tamén se clasifican como zoonoses.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Microbioloxía (en inglés)
