factograf
GL
Sign in

químico belga

Yves Chauvin

Yves Chauvin

Key facts

data de nacemento10 de outubro de 1930
data de falecemento27 de xaneiro de 2015
ocupaciónquímico, investigador
lugar de falecementoTours
empregadorIFP Energies nouvelles
distinciónGrande Oficial da Orde Nacional do Mérito
All data from the card 7
Nacemento
(fr) Yves René Richard Marie Chauvin 10 de outubro de 1930 Menen
Morte
27 de xaneiro de 2015 (84 anos)Tours
Residencia
París
Educación
École supérieure de chimie, physique, électronique de Lyon (pt)
Ocupación
químico, investigador
Empregador
IFP Energies nouvelles
Membro de
Academia francesa das ciencias

Yves Chauvin, nado Menen, Bélxica, o 10 de outubro de 1930 e finado o 28 de xaneiro de 2015, foi un químico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Traxectoria

De cativo trasladouse cos seus pais, de nacionalidade francesa, á cidade de Tours. Estudou química na Escola Superior de Química, Física e Electrónica de Lión, onde se gradou en 1954. En 1960 uniuse ao Instituto Francés do Petróleo como enxeñeiro investigador en termodinámica e cinética aplicada. Conduciu a unidade de catálise homoxénea antes de converterse en director da investigación.

En 2006 Chauvin ostentaba o cargo de director honorario de investigacións no Instituto Francés do Petróleo en Ruel-Malmaison, preto de París, onde por outra banda é membro da Academia de Ciencias Francesa.

Investigacións científicas

Autor de moitas publicacións no campo da síntese orgánica, especialmente en metátese, a oligomerización e a polimerización, partillou no 2005 o Premio Nobel de Química con Richard R. Schrock e Robert H. Grubbs polo seu traballo a principios dos anos 1970 sobre o desenvolvemento do método de metátese olefínica en síntese orgánica sobre os alquenos.

Read next

In 59 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article