
Os Xogos Olímpicos de 1920 foron realizados en Anveres, en Bélxica, nunha homenaxe do COI ó sufrimento inflixido ó pobo belga durante a primeira guerra mundial, que inclusive impediu a realización dos Xogos de 1916, anteriormente marcados para Berlín. Atletas de 29 países, nun total de 2561 homes e 65 mulleres participaron de 24 deportes nun total de 154 modalidades. Abertos polo Rei Alberte o 20 de abril, duraron até o 12 de setembro.
Os Xogos de Anveres foron notables polo feito de ser izada por primeira vez a bandeira olímpica (branca con cinco aneis no centro representando os cinco continentes), ter habido unha pioneira solta de pombas simbolizando a paz e terse realizado o Xuramento dos Atletas, lido polo esgrimista e xogador de wáter-polo Victor Boin.
Modalidades disputadas
Cadro de Medallas
| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | Total | |||
| 1 | Estados Unidos | 41 | 27 | 27 | 95 |
| 2 | Suecia | 19 | 20 | 25 | 64 |
| 3 | Reino Unido | 16 | 15 | 13 | 44 |
| 4 | Finlandia | 15 | 10 | 9 | 34 |
| 5 | Bélxica | 14 | 11 | 11 | 36 |
| 6 | Noruega | 13 | 9 | 9 | 31 |
| 7 | Italia | 13 | 5 | 5 | 23 |
| 8 | Francia | 9 | 19 | 13 | 41 |
| 9 | Países Baixos | 4 | 2 | 5 | 11 |
| 10 | Dinamarca | 3 | 9 | 1 | 13 |
