factograf
GL
Sign in

WordPerfect

All data from the card 2
VIAF
177847518
Freebase
/m/084z2

WordPerfect é un programa de procesamento de textos que tivo a súa máxima popularidade a finais dos anos 1980 e a principios dos anos 1990. Foi o estándar de facto durante moitos anos, pero na actualidade fica eclipsado, tanto en vendas coma en popularidade, por Microsoft Word. Hoxe Wordperfect estase a recuperar en mercados como o de Norteamérica grazas ao desenvolvemento por Corel e as vantaxes que a súa suite ofrece sobre a de Microsoft, e iniciou a recuperación noutros mercados.

Chegou a estar dispoñíbel para unha ampla variedade de ordenadores e sitemas operativos, incluíndo DOS, Windows, Mac OS X, Linux, Apple II, as versións máis populares de Unix, VMS, Data General, System/370, AmigaOS e Atari ST.

Read next

In 24 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article