A Willis Tower (coñecida antigamente como Sears Tower) é un rañaceos situado na intersección entre a Admas Street e a Rúa Wacker Oeste da cidade de Chicago, Illinois nos Estados Unidos. A súa altura é de 442 metros, pero acada 527 metros contando coas antenas.
No momento da súa inauguración, foi o rañaceos máis alto do mundo, ata a construción das Torres Petronas de Malaisia en 1998. É tamén o segundo rañaceos máis alto de América do Norte, só superado polo One World Trade Center de Nova York.
