Wanda LaVonne Jackson, nada en Maud (Oklahoma) o 20 de outubro de 1937, é unha cantante e compositora estadounidense. Desde a década de 1950, gravou e publicou música de xénero rock, country e gospel. Foi unha das primeiras mulleres en ter unha carreira no rock and roll, gravando unha serie de sinxelos da década de 1950 que fixo que recibise o alcume de "The Queen of Rockabilly". Tamén está contada entre as primeiras estrelas femininas do xénero da música country.
Traxectoria
Jackson comezou a actuar cando era nena e máis tarde tivo o seu propio programa de radio en Oklahoma City. Despois foi descuberta polo cantante country Hank Thompson, quen a axudou a conseguir un contrato de gravación con Decca Records en 1954. En Decca, Jackson tivo o seu primeiro éxito coa canción country "You Can't Have My Love". O anos seguinte comezou a xira con Elvis Presley.Bomar & Jackson 2017, p. 85-86 Os dous saíron xuntos brevemente e Presley animouna a gravar ao estilo rockabilly. En 1956, Jackson asinou con Capitol Records onde se tivo permiso total para gravar country e rockabilly. A discográfica lanzou unha serie de sinxelos de rock de Jackson, incluíndo "Fujiyama Mama", "Mean Mean Man" e o éxito do top 40 "Let's Have a Party".
Na década de 1960, Jackson volveu ao xénero country e tivo varios sinxelos durante a década. Isto incluíu "Right or Wrong", "In the Middle of a Heartache", "Tears Will Be the Chaser for Your Wine" e "A Woman Lives for Love". Ademais, tamén gravou varias compilacións en lingua alemá para o mercado exerior. En 1965, o sinxelo alemán "Santo Domingo" alcanzou o número un na lista pop austríaca. Despois de redescubrir o cristianismo en 1971, Jackson fixo da música gospel unha prioridade na súa carreira. Deixou Capitol Records en 1973 e asinou con Word Records para centrarse máis no circuíto do gospel. Durante as dúas décadas seguintes, lanzou unha serie de discos neste xénero.
En 1984, os promotores europeos buscaron a Jackson para facer unha xira no exterior. O mesmo ano, publicou o seu primeiro álbum de rock en dúas décadas e lanzou unha nova carreira no xénero. Na década de 1990, os seus discos de rock foron notados de novo polo público estadounidense e comezou a xirar xunto á artista rockabilly Rosie Flores. Durante este período, publicou varios álbums comercialmente aclamados no estilo rock and roll, incluíndo Heart Trouble (2003) e I Remember Elvis (2006). Despois da súa incorporación en 2009 ao Rock and Roll Hall of Fame, Jackson colaborou co músico Jack White para gravar o éxito comercial The Party Ain't Over. Durante varios anos, mantivo unha atareada axenda de xiras antes de anunciar a súa retirada dos concertos en 2019. En 2021 lanzou o seu 32.º e último proxecto de estudo, Encore.
Discografía
- Wanda Jackson (1958)
- Rockin' with Wanda (1960)
- There's a Party Goin' On (1961)
- Right or Wrong (1961)
- Wonderful Wanda (1962)
- Love Me Forever (1963)
- Two Sides of Wanda (1964)
- Blues in My Heart (1965)
- Wanda Jackson Sings Country Songs (1965)
- Wanda Jackson Salutes the Country Music Hall of Fame (1966)
- Reckless Love Affair (1967)
- You'll Always Have My Love (1967)
- Cream of the Crop (1968)
- The Many Moods of Wanda Jackson (1968)
- The Happy Side of Wanda (1969)
- Wanda Jackson Country! (1970)
- A Woman Lives for Love (1970)
- I've Gotta Sing (1971)
- Praise the Lord (1972)
- I Wouldn't Want You Any Other Way (1972)
- Country Gospel (1973)
- Country Keepsakes (1973)
- When It's Time to Fall in Love Again (1974)
- Now I Have Everything (1975)
- Make Me Like a Child Again (1976)
- Closer to Jesus (1977)
- Good Times (1980)
- Show Me the Way to Calvary (1981)
- Let's Have a Party (1982)
- My Kind of Gospel (1983)
- Rockabilly Fever (1984)
- Teach Me to Love (1984)
- Let's Have a Party in Prague (1987, con Karel Zich)
- Classy Country (1988)
- Encore (1988)
- Don't Worry Be Happy (1989)
- Goin' on with My Jesus (1991)
- Rock & Roll-ra Hívlak! (1992, con Dolly Roll)
- Generations (Of Gospel Music) (1993)
- Let's Have a Party (1995)
- The Queen of Rock' a 'Billy (1997)
- Heart Trouble (2003)
- I Remember Elvis (2006)
- The Party Ain't Over (2011)
- Unfinished Business (2012)
- Encore (2021)
