factograf
GL
Sign in

Vostok 2

Vostok 2
All data from the card 1
Freebase
/m/01bd2k

Vostok 2 foi o nome da segunda misión tripulada da Historia, con German Titov a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 6 de agosto de 1961 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.

Características

A misión de Vostok 2 foi realizar a segunda misión orbital tripulada. O equipamento da cápsula incluía o soporte vital, comunicación por radio e televisión para monitorizar o estado do cosmonauta, grabadoras e experimentos biolóxicos. Os obxectivos do voo foron investigar os efectos no corpo humano da exposición prolongada á microgravedade e estudar a capacidade de traballo en órbita de humanos en microgravedade. A diferenza de Gagarin, Titov si tomou o control manual da súa cápsula pero sufriu de mareo espacial.

A cápsula reentrou na atmosfera o 7 de agosto e Titov tocou terra sen problemas ás 7:18 GMT cerca de Krasniy Kut, en Saratov, tras exectarse da cápsula a uns quilómetros de altura, tal como estaba previsto.

Véxase tamén

Read next

In 38 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article