Vitixes (morto en 540) foi un xeneral do exército ostrogodo e rei dos ostrogodos do 536 ao 540.
Traxectoria
Era o xeneral de Teodato e foi nomeado rei polos seus soldados no curso das guerras contra o Imperio Bizantino, a Guerra gótica de Italia (535-554), tras o asasinato de Teodato, sobriño de Teodorico o Grande. Para lexitima-la súa posición como rei, no 536, marchou a Rávena e repudiou a súa muller para casar con Matasunta, a única filla de Amalasunta, e así unirse á liñaxe dos Amalos.
No 535, o exército de Xustiniano I conquistara Sicilia ao mando do xeneral bizantino Belisario, que naquel momento estaba no sur de Italia. Vitixes reorganizou o exército e no 537 asediou Roma, facendo cortar todos os acuedutos que levaban auga á cidade. En marzo de 538 foi obrigado a interromper o asedio para retomar as operacións militares no norte de Italia, onde o xeneral Xoán estaba aproximándose rapidamente a Rávena.
No 540 Belisario atacou a capital dos ostrogodos. Vitixes foi feito prisioneiro e levado xunto coa súa esposa a Constantinopla, onde morreu sen herdeiros. Logo da súa morte, Matasunta casou con Xermano, un curmán do Emperador.
Predecesor:TeodatoRei dos ostrogodos
536 – 540Sucesor:
Hildibaldo
Véxase tamén
Bibliografía
- Chastagnol, André (1996). La fin du monde antique (en francés). París: Nouvelles Editions Latines. ISBN 9782723305266.
- Le Beau, Charles (1827). Histoire du Bas-Empire (en francés) VIII. París: Imprimerie de Firmin Didot.
- Sirago, Vito Antonio (1999). Amalasunta: la regina. Colección Donne d'Oriente e d'Occidente (en italiano). Milán: Jaca Book. ISBN 88-16-43509-7.
