factograf
GL

escritora e ensaísta británica

Virginia Woolf

Virginia Woolf

Key facts

data de nacemento25 de xaneiro de 1882
data de falecemento28 de marzo de 1941
educado enKing's College de Londres
ocupaciónnovelista, ensaísta, autobiógrafo
lugar de nacementoLondres
lugar de falecementoLewes
cónxuxeLeonard Woolf
obra salientableCara ó faro
xénero artísticodrama
descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
All data from the card 19
Nacemento
(en) Adeline Virginia Alexandra Stephen 25 de xaneiro de 1882 Hyde Park Gate
Morte
28 de marzo de 1941 (59 anos)Lewes
Causa da morte
suicidio
Lugar de sepultura
Monk's House (en)
Residencia
Monk's House (en)
Relixión
Ateísmo
Educación
King's College de Londres
Campo de traballo
Ensaio
Ocupación
novelista, crítica literaria, editora, escritora, activista polos dereitos das mulleres, autora de diarios, autobiógrafa, escritora de contos, ensaísta, autora
Período de actividade
1904 - 1941
Xénero artístico
Drama e prosa
Movemento
Círculo de Bloomsbury
Profesores
Ernest de Sélincourt (pt) , Janet Elizabeth Case (pt) e Clara Pater (en)
Influencias
Jane Ellen Harrison, George Eliot, Daniel Defoe, Thomas Browne, Walter Scott, Emily Brontë e Thomas De Quincey
Cónxuxe
Leonard Woolf (1912–1941)
Parella
Vita Sackville-West
Pais
Leslie Stephen e Julia Prinsep Stephen
Irmáns
Vanessa BellThoby StephenAdrian StephenGeorge Herbert DuckworthStella DuckworthGerald DuckworthLaura Stephen
Descrito pola fonte
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вулф Вирджиния)Biblioteca dixital BEICGender Glossar >>>:Virginia Woolf,

Adeline Virginia Stephen, coñecida como Virginia Woolf, nada en Londres o 25 de xaneiro de 1882 e finada en Rodemell o 28 de marzo de 1941, foi unha escritora e ensaísta británica, autora de novelas, contos, obras teatrais e demais obras literarias; considerada unha das máis salientables figuras do vangardista modernismo anglosaxón do século XX e do feminismo internacional.

Traxectoria

Vida persoal

Filla de sir Leslie Stephen, distinguido crítico e historiador, Virginia Woolf creceu nun ambiente frecuentado por literatos, artistas e intelectuais. Tralo falecemento do seu pai, en 1905, estableceuse coa súa irmá Vanessa (pintora que casaría co crítico Clive Bell) e os seus dous irmáns no barrio londiniense de Bloomsbury, que se converteu en centro de reunión de antigos compañeiros universitarios do seu irmán máis vello, entre os que figuraban intelectuais do talle do escritor E. M. Forster, o economista John Maynard Keynes e os filósofos Bertrand Russell e Ludwig Wittgenstein, e que sería coñecido como o grupo ou círculo de Bloomsbury. En 1912, cando contaba trinta anos, casou con Leonard Woolf, economista e membro tamén do grupo, con quen fundou en 1917 a soada editorial Hogarth Press, que editou a obra da propia Virginia e a doutros relevantes escritores, como Katherine Mansfield, T. S. Eliot ou Sigmund Freud.

Novelística

As súas primeiras novelas, Viaxe de ida e Noite e día, poñen xa de manifesto a intención da escritora de romper os moldes narrativos herdados da novelística inglesa anterior, en especial a subordinación de personaxes e accións ao argumento xeral da novela, así como as descricións de ambientes e personaxes tradicionais; con todo, estes primeiros títulos apenas mereceron consideración por parte da crítica. Só trala publicación de A señora de Dalloway e Ao faro os críticos comezaron a eloxiar a súa orixinalidade literaria. Nestas obras chaman xa a atención a mestría técnica e o afán experimental da autora, quen introducía ademais na prosa novelística un estilo e unhas imaxes ata entón máis propios da poesía. Desaparecidas a acción e a intriga, as súas narracións esfórzanse por captar a vida cambiante e inasible da conciencia. Influída pola filosofía de Henri Bergson, Woolf experimentou con especial interese co tempo narrativo, tanto no seu aspecto individual, no fluxo de variacións na conciencia do personaxe, como na súa relación co tempo histórico e colectivo. Así, Orlando constitúe unha fantasía libre, baseada nalgunhas pasaxes da vida de Vita Sackville-West, amiga e tamén escritora, en que a protagonista vive cinco séculos da historia inglesa. En As ondas presenta o «fluxo de conciencia» de seis personaxes distintos, é dicir, a corrente preconsciente de ideas tal como aparece na mente, a diferenza do lóxico e ben trabado monólogo tradicional. Escribiu así mesmo unha serie de ensaios que viraban en torno da condición da muller, nos que destacou a construción social da identidade feminina e reivindicou o papel da muller escritora, como n'Un cuarto de seu. Destacou á súa vez como crítica literaria, e foi autora de dúas biografías: unha divertida recreación da vida dos Browning a través dos ollos do seu can (Flush) e outra sobre o crítico R. Fry (Fry). Nun dos accesos dunha enfermidade mental que obrigara a ingresala en varias ocasións ao longo da súa vida, o 28 de marzo de 1941 desapareceu da súa casa de campo, ata que días despois o seu corpo foi achado no río Ouse, no que se supón foi un suicidio, xa que se guindara ao río cun abrigo cargado de pedras.

Obra

Varias das obras de Virginia Woolf foron traducidas ao galego.

Ademais, foron traducidos ao galego os relatos Retrato dunha londiniense (Portrait of a Londoner), A marca na parede (The Mark on the Wall), Kew Gardens, Unha novela non escrita (An Unwritten Novel) e A muller no espello: un reflexo (The Lady in the Looking-Glass), publicadas en De espellos, trens e outros velenos, traducidos, prologados e anotados por Begoña R. Outeiro (Ir Indo: 2006).

Obras da crítica galega

Filmografía

  • The Hours, 2002. Director: Stephen Daldry. Tres historias de tres mulleres en diferentes épocas entrelazadas a partir da novela do mesmo nome do autor Michael Cunningham, inspirada na obra de Woolf Mrs Dalloway.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Textos de Virginia Woolf (en inglés)

Read next

In 121 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article