factograf
GL

cidade de Belarús, capital da rexión de Viciebsk

Viciebsk

Viciebsk

Key facts

poboación357.899
superficie125km²
instancia decidade grande
paísBelarús
data de creación ou fundación974
elevación sobre o nivel do mar164m
continenteEuropa
situado na unidade administrativarexión de Viciebsk
distinciónBandeira Vermella do Traballo
descrito pola fonteNordisk familjebok
All data from the card 4
Código postal
210000–210999
OpenStreetMap
6825777
VIAF
141902223
Freebase
/m/0159g9

Viciebsk, é unha cidade de Belarús. É a capital da Rexión de Viciebsk, en 2004 tiña 342 381 habitantes, facéndoa a cuarta cidade máis populosa do país. Está comunicada mediante o Aeroporto de Viciebsk Vostochny e a Base aérea de Viciebsk.

Historia

Afiliacións históricas

Ao longo dos séculos, Viciebsk formou parte de diversos estados:

Desde a independencia de Belarús

En xaneiro de 1991, Viciebsk celebrou o primeiro Festival Marc Chagall e en xuño do ano seguinte construíuse un monumento ao pintor na súa rúa natal de Pokrovskaja, amais púxose unha inscición en memoria no muro da súa casa.

Dende 1992, Viciebsk foi fogar do anual Slavianski Bazaar, un festival de arte internacional. Os principais artistas son de Rusia, Belarús e Ucraína, con invitados doutros países, eslavos e non eslavos. Para este festival construíuse o Anfiteatro de Verán.

En 1999, estableceuse a zona de libre comercio "Vitebsk". Dende entón a cidade construíu un Pazo dos deportes de xeo, adeamis de reconstruír o estadio central, a estación de trens e outros lugares históricos, ademais de edificar novas igrexas.

Atraccións turísticas

Panorama de Viciebsk nun billete de 10.000 rublos belarusos
Panorama de Viciebsk nun billete de 10.000 rublos belarusos

A cidade conservou durante moito tempo un dos edificios máis vellos do país, a Igrexa da Anunciación, edificio que se remonta ao período do Rus de Kíiv. Foi construído sobre o 1140, e recontruído nos séculos XIV e XVII, reparado en 1883 e destruído polo goberno comunista no 1961. Só se conservaban restos ata 1992, cando foi reconstruída a versión orixinal.

Tamén foron destruídas igrexas do perído polaco-lituano, aínda que a Igrexa da Resurrección (1772-77) foi reconstruída. A catedral Ortodoxa, adicada á Mediación do Theotokos, erixiuse en 1760.

Outras atraccións son o concello (1775); o pazo do gobernador ruso, onde Napoleón celebrou o seu 43º aniversario en 1812; a catedral católica neo-románica (1884-85); e un obelisco que conmemora o centenario da vitoria rusa sobre Napoleón.

Viciebsk é tamén a sede do Museo Marc Chagall e do Museo rexional de Viciebsk.

Educación

As principais universidades de Viciebsk son a Universidade Estatal de Tecnoloxía de Viciebsk, a Universidade Estatal de Saúde de Viciebsk e a Universidade Estatal Pyotr Masherov.

Clima

Datos climáticos para Viciebsk, Belarús
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C −2,9 −2,6 2,9 11,6 18,5 21,4 23,5 22,2 16,2 9,5 2,3 −2,0 10,1
Media mínima en °C −7,7 −8,5 −3,9 2,5 7,9 11,6 13,6 12,3 7,7 3,3 −1,9 −6,5 2,1
Precipitación media mm 38 31 36 40 56 77 95 78 65 52 53 44 665
Nevada media cm 15 19 14 0 0 0 0 0 0 0 2 9 59
Media de días con chuvia 8 6 9 13 16 17 17 14 16 17 14 10 161
Media de días con neve 17 16 10 2 0 0 0 0 0 2 9 15 71
Humidade relativa media (%) 85 81 76 67 66 72 73 75 80 83 87 87 77,7
Fonte:

Galería de imaxes

Casco antigo de Viciebsk
Casco antigo de Viciebsk
Igrexa de Santa Bárbara
Igrexa de Santa Bárbara
Igrexa católica dos trinitarios
Igrexa católica dos trinitarios
Casa do concello de Viciebsk
Casa do concello de Viciebsk
4 images

Read next

In 97 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article