factograf
GL
Sign in

Valse

Valse
All data from the card 2
Freebase
/m/081js
OpenAlex
C2778360019
Parella bailando un valse. Imaxe dun fenaquistiscopio.
Parella bailando un valse. Imaxe dun fenaquistiscopio.
Exemplo dun ritmo de valse.
Exemplo dun ritmo de valse.
2 images

O valse (do galicismo valse, que á súa vez procede do xermanismo Walzer, que provén do verbo alemán wälzen, 'xirar, rodar') é un estilo de baile folclórico e de salón a ritmo lento.

Historia

Aínda que non existe acordo no tocante á súa orixe, pénsase que o valse naceu na zona austríaca do Tirol no século XII. Porén, tamén hai teorías que sitúan a súa orixe nunha danza do século XVIII chamada ländler que bailaban os labregos de Austria e do sur de Alemaña, e tamén nunha danza italiana chamada volte.

O valse acadou gran popularidade nos anos 1760 en Viena, estendéndose axiña por outros países.

Características

É un baile de tempo ternario que se escribe normalmente en compás de 3/4 e que se baila en parella. No primeiro pulso de cada compás ábrese diagonalmente unha perna, no segundo a outra xúntase facendo que os pés se unan de novo, e no terceiro pulso faise un pequeno paso sen desprazamento co primeiro pé. Despois repítese o mesmo comezo co outro pé. Son famosos os valses vieneses da familia dos Strauss, como os de Johann Strauss.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Pasos básicos de valse
  • Exemplo de valse en vídeo

Read next

In 70 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article