factograf
GL
Sign in

Tulcea

Tulcea

Key facts

poboación65.624
superficie200km²
instancia deconcello de Romanía, capital de condado de Romanía, cidade fronteiriza
paísRomanía
data de creación ou fundación1506
elevación sobre o nivel do mar30m
All data from the card 3
Código postal
820002–820249
VIAF
238748861
Freebase
/m/021m0_

Tulcea (en búlgaro, ruso, e en ucraíno: Тулча, Tulcha; en turco: Hora-Tepé o Tolçu) é unha cidade de 73.707 habitantes (2011) situada na rexión de Dobruia en Romanía. É a capital do condado de Tulcea. Situada as beiras do río Danubio.

Historia

Tulcea fundouse no século VIII a.C, baixo o nome de Aegyssos, mencionada por Diodoro.

Ovidio menciónaa en "Epistulae ex Ponto", e dicía que o seu nome procedía do seu fundador, os dacios chamados "Carpyus Aegyssus".

No século I, Aegyssos/Aegyssus foi conquistada polos romanos, que debían establecer unha base para a frota romana que defendera a fronteira do nordeste do imperio, consolidándoo con murallas e torres altas (as ruínas de defensa seguen sendo visibles).

Tras a división do Imperio Romano, quedou baixo o dominio do Imperio bizantino (séculos IV e VI), polo Imperio búlgaro (678-c.1000; 1185-século XIV), por Génova dos (séculos X- XIII), e formo parte do goberno local de Dobruia de Balik (Balica), Dobrotitsa (Dobrotici), e, por un espazo breve de tempo despois de 1390, gobernada polo príncipe Mircea cel Batrân de Valaquia.

No 1416 foi conquistada polo Imperio Otomán, e concedida a Romanía, xunto co resto de Dobruia, en 1878. Arredor 1848, Tulcea seguía sendo unha cidade pequena, séndolle concedido o status de cidade no 1860, cando convertese en capital da provincia.

Xeografía

O Delta do Danubio ocupa a maior parte da provincia, sendo actualmente a reserva da biosfera máis grande da Unión Europea, existe unha gran cantidade de aves entre elas unha especie de pelicano, que figura no escudo del Delta. A actividade principal é a pesca, e existe o estaleiro de Aker que ocupa á gran parte da poboación.

Demografía

Segundo o censo de 2011, a poboación de Tulcea é de 66,644 habitantes. A maior parte dos indíxenas búlgaros deixaron a cidade en 1941 por mor do Tratado de Craiova

Etnicidade 2011
All 66,644
Romaneses 61,361 (92.7%)
Rusos lipovanos 1,935 (2.9%)
Turcos 959 (1.43%)
Xitanos 1,048 (1.57%)
Ucraínos 448 (0.67%)
Gregos 225 (0.33%)
Outros 668 (1%)

Cidades irmandadas

Tulcea está irmandada con:

Véxase tamén

Outros artigos

Read next

In 64 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article