factograf
GL
Sign in

composto químico

Tipranavir

Tipranavir
All data from the card 14
Freebase
/m/096x8d
MeSH
C107201
CAS
174484-41-4
ATC
J05AE09
PubChem
54682461
ChemSpider
10482313
UNII
ZZT404XD09
ChEBI
63628
ChEMBL
CHEMBL222559
Beilstein
7698323
InChl
Modelo3D
KEGG
D08605
CE
629-839-6
Drugbank
DB00932

O tipranavir (TPV), ou tipranavir disodio, é un inhibidor da protease non peptídico fabricado pola compañía Boehringer Ingelheim co nome comercial Aptivus. Adminístrouse xunto co ritonavir na terapia combinada para tratar a infección por VIH, pero xa non se recomenda comunmente como tratamento contra o VIH.

O tipranavir ten a capacidade de inhibir a replicación de virus que son resistentes a outros inhibidores da protease e recoméndase para pacientes que son resistentes a outros tratamentos. A resistencia ao propio tipranavir paece requirir múltiples mutacións. O tipranavir foi aprobado pola FDA norteamericana o 22 de xuño de 2005 e foi aprobado para uso pediátrico o 24 de xuño de 2008.

O tipranavir só debería tomarse en combinación co ritonavir e outros fármacos antirretrovirais, e non está aprobado para pacientes que non recibiron anteriormente tratamento para esa condición. Igual que o lopinavir e o atazanavir, é moi potente e efectivo na terapia de salvamento para pacientes con resistencia a fármacos. Porén, os efectos secundarios do tipranavir poden ser máis graves que os doutros antirretrovirais. Algúns destes efectos secundarios son: hemorraxia intracranial, hepatite, descompensación hepática, hiperglicemia e diabetes mellitus. Tamén causa un incremento no colesterol total e triglicéridos.

O prospecto de Aptivus ten un cadro de advertencia sobre a súa hepatotoxicidade e a posibilidade de hemorraxias intracraniais.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • "Tipranavir". Drug Information Portal. U.S. National Library of Medicine. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018.

Read next

In 18 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article