factograf
GL
Sign in

The Walkmen

The Walkmen

Key facts

data de creación ou fundación2001
instancia degrupo de rock
xénero artísticoindie rock
All data from the card 2
VIAF
146789754
Freebase
/m/056h9m

The Walkmen é unha banda estadounidense de indie rock, con membros baseados en Nova York e Filadelfia. O grupo formárono no ano 2000 Paul Maroon (guitarra, piano), Walter Martin (órgano, baixo), Matt Barrick (batería), Peter Bauer (órgano, baixo) e Hamilton Leithauser (voces, guitarra), os tres primeiros da banda Jonathan Fire*Eater e os dous últimos de The Recoys. Bauer asistía ao Maret School en Washington, D.C., mentres que o resto dos compoñentes estudaban en St. Albans, tamén en Washington.

A banda estivo activa inicialmente dende 2000 ata 2013, e é famosa por ser parte do post-punk revival da década de 2000 en Nova York, particularmente grazas ao seu aclamado sinxelo "The Rat". O grupo publicou sete álbums de estudio durante eses anos: Everyone Who Pretended to Like Me Is Gone (2002), Bows + Arrows (2004), A Hundred Miles Off (2006), "Pussy Cats" Starring the Walkmen (2006), You & Me (2008), Lisbon (2010) and Heaven (2012).

Prefiren o son de instrumentos antigos, particularmente do piano vertical, e adoitan a gravar en Marcata Recording, un estudio de gravación construído en Harlem no ano 1999 polos tres antigos membros de Jonathan Fire*Eater.

A banda entrou en hiato no ano 2013, con Leithauser, Bauer e Martin traballando nas súas carreiras en solitario, e Barrick unindose a Fleet Foxes como músico de estudio. No ano 2023 o grupo reuniuse para unha longa xira chamada The Revenge Tour.

Discografía

Álbum Ano Selo
Everyone Who Pretended to Like Me Is Gone 2002 Startime International
Bows + Arrows 2004 Record Collection
A Hundred Miles Off 2006 Record Collection
"Pussy Cats" Starring the Walkmen 2006 Record Collection
You & Me 2008 Gigantic Music, Fierce Panda
Lisbon 2010 Fat Possum, Bella Union
Heaven 2012 Fat Possum, Bella Union

Read next

In 15 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article