factograf
GL

The Kooks

The Kooks
All data from the card 3
VIAF
156195776
ISNI
0000000115376658
Freebase
/m/08hfg6

The Kooks é un banda de música inglesa de indie rock formada en Brighton, no 2001. Formada orixinalmente por Luke Pritchard (vocalista/guitarra), Hugh Harris (guitarra), Paul Garred (batería), e Max Rafferty (baixo), a formación da banda mantívose constante ata 2008, coa marcha de Rafferty. Dan Logan foi o seu substituto temporal, ata que Peter Denton se uniu á banda de forma permanente en outubro de 2008. A comezos de 2010 Pritchard anunciou a saída do batería Paul Garred, debido a un problema do nervio no seu brazo.

Historia

Tomaron o nome da canción de David Bowie «Kooks». A banda asinou por Virgin Records xusto despois de que actuara en Brighton. Alcanzaron a lista musical británica co seu primeiro sinxelo "Eddie's gun", chegando á posición #39. O seu álbum de debut Inside In/Inside Out lanzado en xaneiro de 2006 xerou 6 sinxelos no Top 40, o que atraeu a atención dos medios gañando un premio da MTV por mellor actuación do Reino Unido e Irlanda e sendo nomeados a un Brit Award polo seu sinxelo "She Moves in Her Own Way".

O seu segundo álbum Konk lanzado en 2008 foi directamente a para ao #1 das listas do Reino Unido e venderon 65000 copias na primeira semana. Deste álbum destacan os sinxelos "Always Where I Need To Be", "Shine On" ou "Do You Wanna".

O seu terceiro álbum estreouse en setembro de 2011 co título Junk of the Heart, onde deixaron a súa faceta máis rockeira para facer temas máis achegados ó Indie pop. Dentro do álbum, os temas que foron empregados como sinxelos foron "Junk of the heart (Happy)", "Rosie", "How'd You Like That" e "Is it me". O álbum recibiu críticas mixtas por parte da prensa especializada, pedindo unha madurez no seu estilo.

Discografía

Álbum Ano Selo
Inside In/Inside Out 2006 Virgin Records
Konk 2008 Virgin Records
Junk of the Heart 2011 Virgin Records
Listen 2014 Virgin EMI Records
Let's Go Sunshine 2018 Lonely Cat
10 Tracks to Echo in the Dark 2022 Lonely Cat, AWAL
Never/Know 2025 Virgin Music Group

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina oficial The Kooks (en inglés)

In 38 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article