The Damned é unha banda inglesa de punk gótico formada en Londres en 1976 polo vocalista principal Dave Vanian, o guitarrista Brian James, o baixista (despois guitarrista) Captain Sensible e o batería Rat Scabies. Foi o primeiro de punk británico en publicar un sinxelo, "New Rose" (1976), lanzar un álbum de estudio, Damned Damned Damned (1977), e realizar unha xira polos Estados Unidos. O grupo converteríase nun dos precursores do xénero gótico.
A banda incorporou numerosos estilos á súa música e imaxe, incluíndo garage rock, rock psicodélico, cabaré e o rock teatral de Screaming Lord Sutch e Alex Harvey. O estilo do seu principal vocalista, Dave Vanian, foi descrito como semellante ao crooner. The Damned disolveuse e reformouse varias veces, sendo Vanian o seu único membro constante. Porén, as formacións sempre incluíron ao guitarrista Captain Sensible e/ou ao batería Rat Scabies, que son membros fundadores.
Discografía
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Damned Damned Damned | 1977 | Stiff Records |
| Music for Pleasure | 1977 | Stiff Records |
| Machine Gun Etiquette | 1979 | Chiswick |
| The Black Album | 1980 | Chiswick |
| Strawberries | 1982 | Bronze Records |
| Phantasmagoria | 1985 | Off Beat |
| Anything | 1986 | MCA |
| Not of This Earth | 1995 | Toshiba |
| Grave Disorder | 2001 | Nitro Records |
| So, Who's Paranoid? | 2008 | English Channel Records |
| Evil Spirits | 2018 | Spinefarm Records/Search and Destroy |
| Darkadelic | 2023 | earMUSIC |
| Not Like Everybody Else | 2026 | earMUSIC |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial da banda
