The Cult é unha banda inglesa de rock gótico formada en Bradford, Yorkshire en xaneiro do ano 1984, sucesora da banda Death Cult. Gañou popularidade no Reino Unido a mediados dos anos 80 como grupo post-punk con sinxelos como "She Sells Sanctuary", antes de irromper no mainstream estadounidense a finais da década como unha banda de hard rock co tema "Love Removal Machine". Dende a súa primeira formación a banda pasou por varios cambios nas súas ringleiras, sendo os membron máis duradeiros o vocalista Ian Astbury e o guitarrista Billy Duffy, os seus dous compositores.
Discografía
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Dreamtime | 1984 | Beggars Banquet |
| Love | 1985 | Beggars Banquet, Sire |
| Electric | 1987 | Beggars Banquet, Sire |
| Sonic Temple | 1989 | Beggars Banquet, Sire |
| Ceremony | 1991 | Beggars Banquet, Sire |
| The Cult | 1994 | Beggars Banquet, Sire |
| Beyond Good and Evil | 2001 | Atlantic Records |
| Born into This | 2007 | Roadrunner Records |
| Choice of Weapon | 2012 | Cooking Vinyl |
| Hidden City | 2016 | Cooking Vinyl, Dine Alone |
| Under the Midnight Sun | 2022 | Black Hill Records |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
