The Cross foi unha banda de rock inglesa liderada per Roger Taylor, coñecido por ser o batería de Queen. A banda estivo activa desde 1987 ata 1993, coincidindo durante anos co proxecto de Queen, e publicou nese período tres álbums de estudio.
Roger Taylor deixa a batería e lidera a banda como guitarrista rítmico e vocalista principal. No seu lanzamento, a banda de rock clásico incorpora influencias de baile que elimina logo nos seus dous discos seguintes. A banda non chegou a ter nunca mopito éxito comercial, pero seguiu mantendo un certo interese entre os seguidores de Queen e de Roger Taylor.
Discografía
Álbums de estudio
| Ano | Título | Reino Unido | Alemaña |
|---|---|---|---|
| 1987 | Shove It | 58 | - |
| 1990 | Mad, Bad and Dangerous to Know | - | 48 |
| 1991 | Blue Rock | - | - |
Sinxelos
| Ano | Título | Reino Unido | Alemaña | Álbum |
|---|---|---|---|---|
| 1987 | "Cowboys and Indians" | 74 | - | Shove It |
| 1988 | "Shove It" | 83 | - | |
| "Heaven for Everyone" | 84 | 68 | ||
| "Manipulator" | - | - | Non pertence a ningún. | |
| 1990 | "Power to Love" | 83 | - | Mad, Bad and Dangerous to Know |
| "Liar" | - | - | ||
| "Final Destination" | - | - | ||
| 1991 | "New Dark Ages" | - | - | Blue Rock |
| "Life Changes" |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Queenpedia: The Cross. Listaxe completa de cancións Arquivado 22 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Web dos fans de The Cross
