The Chronicles of Narnia: Prince Caspian é un filme estadounidense dirixido por Andrew Adamson que se estreou 2008. Baséase no libro Prince Caspian de C. S. Lewis.
Sinopse
"O Príncipe Caspian" transcorre un ano despois dos acontecementos de The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe, cando os reis e as raíñas de Narnia -os 4 irmáns Pevensie- volven reunirse nese remoto e fantástico mundo, onde descubrirán que pasaron máis de 1.300 anos, calculados no tempo narniano. Durante a súa ausencia, a Idade de Ouro de Narnia rematou, e os Telmarinos conquistaron o reino de Narnia, que agora está dominado polo malvado Rei Miraz, que goberna sen piedade. Os catro nenos non tardarán en coñecer un novo e estraño personaxe: o xove Príncipe Caspian, herdeiro lexítimo ó trono que se viu obrigado a agocharse xa que o seu tío Miraz trama o seu asasinato para colocar ó seu fillo no trono. Coa axuda dun bondadoso anano vermello, un valente rato que fala de nome Reepicheep, dun teixugo chamado Trufflehunter e dun anano negro, Nikabrik, os narnianos, liderados polos poderosos cabaleiros Peter e Caspian, embárcanse nunha extraordinaria viaxe para atopar a Aslan, liberar Narnia do xugo tiránico de Miraz e restaurar a maxia e a paz.
Personaxes
Pevensie
- William Moseley como Peter Pevensie
- Anna Popplewell como Susan Pevensie
- Skandar Keynes como Edmund Pevensie
- Georgie Henley como Lucy Pevensie
Telmarinos
- Ben Barnes como Príncipe Caspian
- Sergio Castellitto como Rei Miraz
- Pierfrancesco Favino como Lord Glozelle
- Damián Alcázar como Lord Sopespian
- Vincent Grass como Doutor Cornelius
- Alicia Borrachero como Raíña Prunaprismia
- Simón Andreu como Lord Scythley
- Predrag Bjelac como Lord Donnon
- David Bowles como Lord Gergiore
- Juan Diego Montoya Garcia como Lord Montoya.
Narnianos
- Liam Neeson como a voz de Aslan
- Peter Dinklage como Trumpkin
- Warwick Davis como Nikabrik
- Eddie Izzard como a voz de Reepicheep
- Ken Stott como Trufflehunter
- Cornell John como Glenstorm o centauro
- Lejla Abbasová como Windmane (esposa de Glenstorm)
- Yemi Akinyemi como Ironhoof (fillo de Glenstorm)
- Carlos Da Silva como Suncloud (fillo de Glenstorm)
- Ephraim Goldin como Rainstone (fillo de Glenstorm)
- David Walliams como a voz de Bulgy Bear
- Klara Issova como a Narnian Hag
- Gomez Mussenden como Lightning Bolt
- Jan Pavel Filipensky como Wimbleweather o xigante
- Shane Rangi como Asterius o Minotauro, e Josh Campbell como a súa voz
- David Mottl e Michaela Dvorska como Tyrus, o sátiro