Ten é o primeiro álbum da banda estadounidense de grunge Pearl Jam. Foi editado o 27 de agosto de 1991 a través do selo Epic Records. É un dos discos de rock máis vendidos, e en decembro de 2012 Ten levaba unhas vendas de 9.983.000 copias só nos Estados Unidos.
O nome do disco é unha homenaxe ao antigo nome da banda, Mookie Blaylock (baloncestista estadounidense o cal usaba o número dez na súa camisola). Foi producido por Rick Parashar, que tamén colaborou gravando piano, órgano e percusión.
No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o terceiro mellor álbum dos anos 90
Reedición do 2009
O álbum foi reeditado o 24 de marzo do 2009, sendo lanzado en varios formatos: a Legacy Edition formada por un disco coa mestura orixinal remasterizada e un segundo disco remasterizado e coas cancións orixinais remesturadas por Brendan O'Brien ademais de seis cancións extra; a deluxe edition que ademais dos dous discos contiña un DVD dun concerto acústico da banda na MTV realizado no ano 1992; a vinil collection con dous vinilos, o orixinal e o mesturado por Brendan O'Brien, ambos remasterizados; e super deluxe edition formada polos CDs e o DVD da edición deluxe, os dous vinilos da vinil collection, dous LPs máis cun directo no Magnuson Park de Seattle o 20 de setembro de 1992, e un casete réplica da demo da banda Momma-Son cos temas "Alive", "Once" e "Footsteps".
Listaxe de cancións
Todas as letras escritas por Eddie Vedder.
| N.º | Título | Música | Duración | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "Once" (includes unlisted track) | Stone Gossard | 3:51 | ||||||
| 2. | "Even Flow" | Gossard | 4:53 | ||||||
| 3. | "Alive" | Gossard | 5:41 | ||||||
| 4. | "Why Go" | Jeff Ament | 3:20 | ||||||
| 5. | "Black" | Gossard | 5:43 | ||||||
| 6. | "Jeremy" | Ament | 5:18 | ||||||
| 7. | "Oceans" |
|
2:42 | ||||||
| 8. | "Porch" | Vedder | 3:30 | ||||||
| 9. | "Garden" |
|
4:59 | ||||||
| 10. | "Deep" |
|
4:18 | ||||||
| 11. | "Release" (inclúe canción oculta) |
|
9:05 | ||||||
| 53:20 | |||||||||