factograf
GL
Sign in

concello de Suecia

Tanum

Tanum

Key facts

poboación12.637
superficie2.350km²
instancia deconcello de Suecia
paísSuecia
capitalTanumshede
data de creación ou fundación1 de xaneiro de 1971
All data from the card 3
OpenStreetMap
935640
ISNI
0000000404343430
Freebase
/m/0yr19

Tanum é un concello sueco no condado de Västra Götaland, anteriormente pertencente ao desaparecido condado de Gotemburgo e Bohus. A súa capital é a localidade de Tanumshede.

A parte oriental do concello é unha meseta que está atravesada por vales de fractura, onde o sistema lacustre Bullaresjöarna segue unha fenda norte-sur. No oeste está o arquipélago no Skagerrak. A finais do século XIX medrou unha industria da pedra na zona, pero ese sector desapareceu a finais do século XX. A comezos da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector servizos, principalmente polo turismo.

A poboación chegou ao seu máximo a mediados do século XIX, pero a partir de entón diminuíu. Desde os anos 70, a tendencia da poboación volve ser positiva, e en decembro de 2024 o concello tiña 12 773 habitantes.

Historia administrativa

A area do concello correspäondese coa das parroquias de Botna, Kville, Lur, Mo, Naverstad, Svenneby e Tanum. Nesas parroquias dundäaronse concellos rurais co mesmo nome cia reforma municipal de 1862.

A localidade municipal de Grebbestad estevblaceuse no concello rural de Tanum o 30 de maio de 1890 e disolveuse en 1929, cando se creou o köping de Grebbestad tras separarse do concello rural. A localidade municipal de Fjällbacka estableceuse o 28 de xullo de 1888 e disolveuse ao final de 1964. A localidade municipal de Havstenssund creouse o 25 de novembro de 1927 e desapareceu a finais de 1957. E a de Sannäs apareceu o 1 de decembro de 1911 e desapareceu a finais de 1954.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse na zona tres grandes concellos: Bullaren (a partir dos anteriores concellos de Mo e Naverstad), Kville (de Bottna, Kville e Svenneby) e Tanum (de Grebbestad, Lur e Tanum).

O actual concello de Tanums naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Tanum, Bullaren e Kville.

Xeografía

O concello de Tanum é o de maior superficie da provincia histórica de Bohuslän e é moi diverso xeograficamente.

O municipio está situado no norte de Bohuslän co Skagerrak ao oeste. Ao norte limita co concello de Strömstad e co municipio noruegués de Halden, no condado de Østfold. Ao leste atópanse os concellos de Dals-Ed e Munkedal, e ao sur está o de Sotenäs.

Notas

Read next

In 41 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article