Tagamanent é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Xeografía
O concello esténdese polo parte occidental do Parque Natural do Montseny. Por tanto trátase dun concello de montaña cunha orografia irregular e complicada. Cara ao oeste limita co río Congost. Cara ao sur limita co val de Vallforners. Debe o seu nome ó monte do Tagamanent que con 1055 metros de altitude, mostra no seu cumio a igrexa de Santa María, do século XII e de estilo románica.
Patrimonio
Ademais da gran riqueza natural por estar localizado no parque natural do Montseny, o concello conta cun gran patrimonio histórico e cultural. Dende restos de asentamentos prehistóricos ata igrexas e edificacións medievais. Tamén existen mostras de arquitectura civil (as tradicionais masías, os pozos de xeo ou os muíños fariñeiros).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web do concello (en catalán)
