factograf
GL
Sign in

Swissair

Swissair

Key facts

data de creación ou fundación26 de marzo de 1931
instancia deaeroliña
paísSuíza
All data from the card 2
VIAF
274145858088023022222
Freebase
/m/015mx5

Swissair foi a antiga aeroliña nacional de Suíza. Creouse da fusión entre Balair e Ad Astra Aero (To the Stars) en 1931. Durante a meirande parte dos seus 71 anos, Swissair foi unha das principais aeroliñas internacionais e era coñecida como o "Flying Bank" (banco flotante) debido á súa estabilidade financeira, o que causaba que fose respectada como un símbolo e unha icona nacional suíza. A aeroliña prosperou nos anos 80, cando foi unha das "catro grandes" da Europa occidental. Tiña as súas sedes no Aeroporto de Zürich e en Kloten.

En 1997 o Swissair Group foi rebautizado SAirGroup (aínda que volvería a chamarse Swissair Group en 2001), e pasaría a estar formado por catro subdivisións: SAirlines (a onde pertencían Swissair, Crossair, Balair e FlightLease), SAirServices, SAirLogistics e SAirRelations.

A sobreespansión debida á controvertida “estratexia de cazador” de finais dos 90 e a crise económica que seguiu os atentados do 11 de setembro de 2001 levou á perda de valor dos activos de Swissair dun xeito espectacular, deixando en terra á aeroliña en outubro de 2001. A compañía foi mantida con vida polo goberno suízo ata o 31 de marzo de 2002.

O 1 de abril fundouse a súa sucesora, Swiss International Air Lines, sobre a base da antiga Crossair, facéndose coa meirande parte das rutas, avións e traballadores de Swissair. Hoxe en día a compañía SAirGroup aínda existe e está en proceso de liquidación. Lufthansa tomou o control de Swiss International Air Lines no ano 2005.

Frota

Airbus A321 da aeroliña en Heathrow
Airbus A321 da aeroliña en Heathrow

Derradeira frota activa

Frota de Swissair
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A319 9 110
Airbus A320-200 24 134
Airbus A321-100 8 170
Airbus A330-200 14 196
Airbus A340-300 15 219

Read next

In 39 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article