factograf
GL
Sign in

militante a prol do voto feminino, termo referido a integrantes da Women's Social and Political Union (WSPU)

Suffragette

Suffragette
All data from the card 1
Freebase
/m/0fgd8
Suffragettes participando nun piquete de folga ás portas da Casa Branca, en xaneiro de 1917.
Suffragettes participando nun piquete de folga ás portas da Casa Branca, en xaneiro de 1917.

O termo suffragette designaba, a comezos do século XX, a unha muller que reinvindicaba o dereito a voto das mulleres, e que mesmo estaba disposta a infrinxir a lei para conseguilo, nun contexto no cal as mulleres non tiñan máis opción. De acordo co Oxford English Dictionary, foi cuñado polo Daily Mail en 1906, como forma despectiva de distinguir entre as suffragettes e as sufraxistas máis moderadas, unha forma de dividir o movemento.

Neste sentido refírese máis especificamente a unha militante da Unión Social e Política das Mulleres (WSPU), unha organización fundada no Reino Unido en 1903 por Emmeline Pankhurst, partidaria da acción directa —reunións públicas e marchas de protesta— que nace como escisión de, e en contraposición ó, sector sufraxista británico moderado —formado tanto por mulleres como por homes—, agrupado sobre todo na Unión Nacional de Sociedades de Sufraxio Feminino (NUWSS), creada en 1897 e liderada por Millicent Fawcett, dedicada á convocatoria de campañas e mitins dentro da máis estrita legalidade.

Logo de máis de 50 anos tentando conseguir o voto para a muller, sen éxito, ante as institucións —por exemplo, o intento do deputado John Stuart Mill de introducir unha lei a prol do voto da muller en 1866 só conseguira 88 votos a favor—, a falta de resultados reais levou ó activismo das suffragettes, baseado na provocación e a rebeldía, baixo a lema de Deeds, not Words! —«Feitos, non Palabras!»—, rompendo así coa delicadeza e a etiqueta que até entón dominaba no movemento sufraxista británico, e xeneralizáronse os encarceramentos —entre 1905 e 1913 encarceráronse a unhas 1100 suffragettes e creceron tanto a represión como as reaccións políticas a esta represión. A partir de 1909, implantouse unha estratexia de folgas de fame entre as suffragettes encarceradas, «obrigando» así ó Goberno británico a impor a moi controvertida práctica da alimentación forzada até aprobar en 1913 a Prisoners (Temporary Discharge for Ill Health) Act.

Argumentouse que a extrema militancia das suffragettes atrasou en varios anos o dereito do voto da muller no Reino Unido, sobre todo entre os deputados máis a favor do voto para as mulleres, como foron os do Partido Liberal e o Partido Laborista, xa que en 1911 a votación que na Cámara dos Comúns deu como resultado 255-88 a favor do sufraxio converteuse nunha votación en contra de 222-208 en 1912.

En 1918, a Representation of the People Act concedeu o dereito a voto a todos os homes maiores de 21 anos de idade e as mulleres maiores de 30 anos que reunisen certas condicións, como ter propiedades por enriba de certo valor ou ser licenciadas univesitarias. A igualdade neste tema chegou dez anos máis tarde, en 1928, cando as mulleres puideron votar dende os 21 anos de idade como pago ós servizos que prestaran durante a contenda da primeira guerra mundial.

Read next

In 53 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article