factograf
GL
Sign in

Stephan Endlicher

Stephan Endlicher

Key facts

data de nacemento24 de xuño de 1804
data de falecemento28 de marzo de 1849
ocupaciónbotánico, pteridólogo, briólogo
lugar de nacementoBratislava
lugar de falecementoViena
empregadorUniversidade de Viena
All data from the card 10
Nacemento
24 de xuño de 1804 Bratislava
Morte
28 de marzo de 1849 (44 anos)Viena
Lugar de sepultura
Cemiterio central de Viena
Campo de traballo
Botánica
Ocupación
botánico, profesor universitario, lingüista, coleccionista de plantas, bibliotecario, coleccionista científico, historiador, micólogo, sinólogo, pteridólogo, numismático, briólogo, arqueólogo, biólogo
Empregador
Universidade de Viena
Membro de
Leopoldina Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos Academia Austríaca de Ciencias Sociedade Científica de Cracovia
Abreviación dun autor en botánica
Endl.
Arquivos en
Museo de Historia Natural de Viena
Descrito pola fonte
Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e EfronDicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronAllgemeine Deutsche Biographie

Stephan Ladislaus Endlicher, nado en Presburgo (hoxe Bratislava) o 24 de xuño de 1804, e finado en Viena o 28 de marzo de 1849, foi un botánico, lingüista, sinólogo, historiador, arqueólogo e numismático austríaco.

Foi director do Xardín botánico de Viena e famoso por ser o descritor do xénero Sequoia, entre outros.

Traxectoria

Fillo dun médico, Endlicher estudou filosofía en Pest e en Viena, e teoloxía, desde 1823 a 1826, en Viena, aínda que só recibiu as ordes menores, non sendo ordenado sacerdote.

Desde 1826, en Presburgo, centrou a súa atención nos idiomas, estudando especialmente chinés, cuxo coñecemento mostra nalgunhas das súas obras, como Anfangsgründe der chinesischen Grammatik (Viena, 1845) e Atlas von China nach der Aufnahme der Jesuitenmissionäre (Viena, 1843).

En 1836 foi nomeado conservador do Naturhistorisches Museum Wien (Museo de Historia Natural de Viena) e, en 1840, profesor de botánica na Universidade desta cidade, sendo tamén, desde 1839 até a súa morte, en 1849, director do xardín botánico da Universidade de Viena.

Ocúpase especialmente do herbario do xardín botánico, ao que achega a súa propia colección, constituída por máis de 30 000 especies.

Desenvolveu un sistema de clasificación dos vexetais, que foi o principal obxectivo do seu libro Genera plantarum secundum ordines naturales disposita (1836-1850). Nesta obra, separa as talófitas das plantas vasculares.

En 1835 fundou a primeira revista austríaca de historia natural: Annalen des Wiener Museums der Naturgeschichte, que aínda se publica a día de hoxe co nome Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien.

Traballou en colaboración con numerosos botánicos, entre eles Gray, Bentham e Brown.

Endlicher describiu durante a súa vida numerosas especies de plantas e varios xéneros, entre eles Sequoia.

Stephan Endlicher participou, así mesmo, en acontecementos políticos, como as revolucións de 1848, e foi membro dos parlamentos alemán e austríaco.

Foi membro das Academias:

Principais obras

  • Prodromus florae norfolkicae. 1833.
  • Atakta botanica. Nova genera et species plantarum.... 1833–1835.
  • Nova genera ac species plantarum quas in regno chilensi, peruviano et in terra amazonica... (en colaboración con Eduard Friedrich Poeppig) 1835–1845.
  • Genera plantarum secundum ordines naturales disposita 1836–1850.
  • "Bemerkungen über die Flora der Südseeinseln". En: Ann. Mus. Wien 1: 129-190, 1836.
  • Iconographia generum plantarum. 1837–1841.
  • Grundzüge einer neuen Theorie der Pflanzenzeugung. 1838.
  • Enchiridion botanicum.... 1841.
  • Die Medicinal-Pflanzen der österreichischen Pharmakopöe: ein Handbuch für Ärzte und Apotheker / von Stephan Endlicher. - Wien: Gerold, 1842.
  • Grundzüge der Botanik. Wien 1843 (en colaboración con Unger).
  • Anfangsgründe der Chinesischen Grammatik. Wien 1845.
  • Synopsis Coniferarum.... 1847.
  • Rerum Hungaricarum monumenta Arpadiana. 1849.
  • Die Gesetze des heiligen Stefan. 1849.

Abreviatura

A abreviatura Endl. emprégase para recoñecer a Stephan Endlicher como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Stephan Ladislaus Endlicher na Catholic Encyclopedia (1913) (en inglés).
  • Endlicher, Stephan Ladislaus en The American Cyclopædia (1879) (en inglés).

Ligazóns externas

  • Obras de Endlicher Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en botanicus.org
  • Obras de Stephan Endlicher en WorldCat.

Read next

In 29 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article