factograf
GL

arquitecto italiano

Stefano Ittar

Stefano Ittar

Key facts

data de nacemento15 de marzo de 1724
data de falecemento18 de xaneiro de 1790
ocupaciónarquitecto
lugar de falecementoA Valeta
All data from the card 4
Nacemento
15 de marzo de 1724 Ovruch
Morte
18 de xaneiro de 1790 (65 anos)A Valeta
Ocupación
arquitecto
Fillos
Sebastiano Ittar, Henryk Ittar

Stefano Ittar, nado contra 1730 e finado en 1789, foi un arquitecto italiano.

Traxectoria

Ittar naceu en Ovruch (entón na Comunidade Polaco-Lituana, hoxe en Ucraína), onde seu pai, membro da familia aristocrática Guidone de Hittar, fóra refuxiado debido a un conflito co Grande Ducado de Toscana.

Cando Stefano era aínda novo, a súa familia trasládase a Roma, onde puido estudar arquitectura baixo a protección do cardeal Alessandro Albani e influenciarse polas realizacións de Francesco Borromini.

Despois dunha breve estancia en España, Ittar instálase en Catania, na Illa de Sicilia, en 1765. A vila estaba fortemente danada polo sismo de 1693, grazas aos esforzos de Giovanni Battista Vaccarini que reconstruíra barrios enteiros no estilo barroco.

Entre as realizacións de Stefano Ittar en Catania, cóntanse a Igrexa de San Martino ai Bianchi, Igrexa San Placido e sobre todo a fachada da Collegiata, considerada coma obra mestra e coma un modelo na técnica do claro-escuro.

Dous dos fillos de Stefano, Enrico e Sebastiano, chegaron tamén a ser afamados arquitectos locais.

Read next

In 14 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article