factograf
GL
Sign in

Stade

Stade

Key facts

poboación48.699
superficie110km²
instancia decidade da Liga Hanseática, capital de distrito, Selbständige Gemeinde
paísAlemaña
elevación sobre o nivel do mar9m
xefe do gobernoSilvia Nieber
All data from the card 4
Código postal
21680
OpenStreetMap
444799
VIAF
126702671
Freebase
/m/01sjcp

Stade (en baixo alemán Stood) é unha cidade de 47 579 habitantes, na Baixa Saxonia, Alemaña. É a capital do distrito (Landkreis) do mesmo nome do que forma parte xunto a Buxtehude e outras localidades menores.

Stade ostenta os títulos de "Cidade Hanseática" (Hansestadt) e "Municipio independente" (Selbständige Gemeinde). A igrexa de San Wilhadi conserva un valioso órgano monumental, ao igual que a igrexa de Santo Cosme e Damián. O centro alberga numerosos edificios históricos. O pequeno porto histórico hanseático é característico.

Xeografía

Stade atópase nun outeiro de area sólida que sobresae no val do río Elba. A paisaxe circundante é unha chaira inundable case plana. Entre Stade e Hamburgo está a rexión de Altes Land, que se estreita e a paisaxe ao nordeste chámase "Kehdingen".

Historia

Stade é unha das cidades máis antigas do norte de Alemaña. Os primeiros asentamentos humanos na zona de Stade remóntanse ao 30.000 a. C., pero a actual cidade foi fundada arredor do ano 800, preto dun antigo castelo saxón abandonado (Schwedenschanze). En 994 a cidade mencionouse por primeira vez debido a un ataque viquingo.

Até o século XIII, a importancia de Stade derivou da súa posición como único punto de paso do baixo Elba. A ruta comercial levaba desde a península de Xutlandia a través de Schleswig-Holstein até o porto de Itzehoe e atopaba as rutas comerciais a Paderborn e Hannover. Despois da extinción dos condes de Stade, a cidade pasou a mans de Henrique o León. En 1209, o emperador Odón IV concedeu a Stade os privilexios dunha cidade, tanto que o arcebispado de Bremen foi confirmado en 1236.

Na Idade Media Stade foi membro da Liga Hanseática, pero despois foi eclipsada por Hamburgo. En 1279 o municipio deuse a súa propia constitución, os "Estatutos de Stade". A reforma protestante foi introducida en 1522.

Idade Moderna e Contemporánea

Despois da Guerra dos Trinta Anos, Stade foi ocupado por Suecia en 1645 e formou parte de Suecia até 1712. A cidade serviu como capital dos territorios suecos no nordeste de Alemaña, e algúns dos edificios construídos polos suecos aínda están en uso na actualidade.

No grande incendio do 26 de maio de 1659 arderon dous terzos da cidade; foi reconstruída segundo o mesmo proxecto. En 1355 e en 1712 Stade foi golpeado pola epidemia da peste negra, que matou polo menos entre o 30 e o 40% da poboación.

Despois dunha breve ocupación por Dinamarca, Stade formou parte do principado de Hannover desde 1715 até 1866, cando este estado foi anexionado por Prusia. O goberno prusiano permitiu finalmente a expansión da cidade e o desenvolvemento da industria e do comercio. Stade recibiu unha conexión ferroviaria.

Durante o período nazi, os xudeus de Stade foron deportados e asasinados, cando non conseguiron escapar. Durante a Segunda guerra mundial, Stade foi lixeiramente afectado polos bombardeos aliados. Ao terminar a guerra, a cidade recibiu poboación do Leste.

Sitios de interese

Casa do 1667
Casa do 1667
Igrexa de Cosme e Damián
Igrexa de Cosme e Damián
Igrexa de San Wilhadi
Igrexa de San Wilhadi
Praza do mercado de peixe
Praza do mercado de peixe
Mosteiro de San Xoán
Mosteiro de San Xoán
Schwedenspeicher
Schwedenspeicher
Pesa pública
Pesa pública
7 images

O centro histórico é un dos máis fermosos de Alemaña. Situado na illa do río Schwinge e rodeado de antigas fortificacións suecas, ten moitas casas antigas con tramado de madeira. O pintoresco porto hanseático forma o núcleo do centro histórico, con numerosos bares de viño e restaurantes ao aire libre no verán.

Os edificios máis importantes son as dúas igrexas de Cosme e Damián e San Wilhadi, ambas medievais. O antigo concello foi construído despois do grande incendio de 1667. O goberno sueco legou o Schwedenspeicher (mercado) e a Zeughaus (casa de armamento). O mosteiro de San Xoán (Johanniskloster) está situado preto da igrexa dos Santos Cosme e Damián.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Stade.de Sitio oficial

Read next

In 59 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article