factograf
GL

Signal

Signal

Modelo:Produto

Signal (anteriormente TextSecure) é unha aplicación gratuíta e de código aberto de mensaxería instantánea e chamadas con énfase na privacidade e a seguridade. Pódese usar para enviar e recibir SMS, MMS e mensaxes de datos cifrados. Por defecto, a aplicación cifra a base de datos de mensaxes no dispositivo do usuario, así como os dous extremos da comunicación, co fin de protexer todas as mensaxes que se envían a outros usuarios. Antes de novembro de 2015, a aplicación utilizaba o nome TextSecure, que ata entón só permitía a mensaxería instantánea. Xunto co novo nome, incorporouse a funcionalidade de chamada desde a aplicación RedPhone. En marzo de 2017, Signal pasou a un novo sistema de chamadas baseado en WebRTC que tamén introduciu a posibilidade de facer videochamadas.

Read next

In 55 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article