factograf
GL

concello da provincia de Barcelona

Sant Andreu de la Barca

Sant Andreu de la Barca
All data from the card 5
Código postal
08740
Código INE
08196
OpenStreetMap
348948
VIAF
123284423
Freebase
/m/0fxz9k

Sant Andreu de la Barca é un municipio da provincia de Barcelona (Cataluña, España). Situado na comarca do Baix Llobregat, forma parte do área metropolitana de Barcelona. É sede da Comandancia da Garda Civil de Barcelona.

Historia

Vista de Sant Andreu de la Barca desde Can Perera (el Papiol)
Vista de Sant Andreu de la Barca desde Can Perera (el Papiol)

Os restos arqueolóxicos iberos e romanos achados en diversos lugares do municipio testemuñan que esta zona foi habitada permanentemente na antigüidade. Non se acha constancia escrita da poboación ata o ano 1109.

Foi eminentemente agrícola ata os anos 1950, transformándose nunha cidade industrial sobre todo a partir dos anos 1970, cando a poboación aumentou fortemente grazas á inmigración andaluza.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
814 1.008 886 4.870 13.085 20.140 26.752

Monumentos

  • Igrexa parroquial e campanario (zona vella). Datada en 1501, foi reformada no século XIX e tras a Guerra Civil.
  • Ermida de Santa Madrona (El Palau).
  • Torre-muíño Pedemonte (La Solana), que aloxa unha gardería municipal.
  • Can Preses e Can Archs (El Palau), masías do século XV.
  • Praza de Font da Roda (zona vella).
  • Casas modernistas da rúa Joan Bosch (zona vella).

Localidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Sitio oficial do concello Arquivado 29 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en catalán)
  • Televisión local de Sant AndreuArquivado 28 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en catalán)
  • Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
  • Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)

In 46 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article