factograf
GL

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-74

STS-74
All data from the card 10
Tipo
Tripulado
Organización
NASA
Data de lanzamento
12 de novembro de 1995, 12:30 GMT
Foguete portador
Transbordador espacial
Sitio de lanzamento
Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A
Duración da misión
8,19 días
Obxectivo da misión
Acoplamento coa estación espacial Mir.
Regreso
20 de novembro de 1995
Sitio de regreso
Centro Espacial Kennedy
NSSDC ID
1995-061A

STS-74 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 12 de novembro de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características

STS-74, con cinco astronautas (Kenneth Cameron, James D. Halsell, Jerry Ross, William S. McArthur e Chris Hadfield) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar equipamento e facer experimentos.

A misión foi a segunda na que un transbordador se acoplou á Mir das sete planificadas entre 1995 e 1997. O Atlantis levou ata a estación un módulo específico para o acoplamento dos transbordadores coa estación e dous paneis solares, así como subministracións e diverso equipamento, e levou de regreso a terra mostras de experimentos, equipamento para a súa reparación e análise e produtos fabricados na estación. A bordo tamén ía o instrumento GPP para o estudo da termosfera terrestre, a ionosfera e a mesosfera.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de novembro de 1995.

Véxase tamén

Read next

In 23 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article