STS-51 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 12 de setembro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características
STS-51, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite ACTS e para lanzar e recuperar a plataforma de observación astronómica Orfeus-SPAS. Tamén levou o experimento LDCE na bodega de carga. A tripulación estaba formada polo comandante Frank L. Culbertson, o piloto William F. Readdy e os especialistas de misión James H. Newman, Daniel W. Bursch e Carl E. Walz.
O 16 de setembro, Newman e Walz fixeron un paseo espacial de 7 horas, 5 minutos e 28 segundos no que practicaron técnicas para a próxima misión de servizo do telescopio espacial Hubble. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de setembro de 1993. Foi a primeira aterraxe nocturna dun transbordador en Florida.
