factograf
GL
Sign in

Historiador e activista anarquista alemán

Rudolph Rocker

Rudolph Rocker
All data from the card 13
Nacemento
25 de marzo de 1873 Maguncia
Morte
19 de setembro de 1958 (85 anos)Mohegan Colony
Residencia
Condado de Westchester (1937–1958)Nova York (1933–1937)Maguncia (–1892)París (1892–1895)Berlín Londres Britz
Ideoloxía política
Anarquismo
Lugar de traballo
Berlín
Ocupación
historiador, sindicalista, político, xornalista, escritor, economista, anarquista
Partido político
Partido Socialdemócrata de Alemaña (–1891)
Membro de
Asociación Internacional dos Traballadores União Livre de Trabalhadores da Alemanha (pt)
Movemento
Anarcosindicalismo e anarquismo social
Arquivos en
Instituto Internacional de Historia Social
Cónxuxe
Milly Witkop
Fillos
Fermin Rocker
Descrito pola fonte
Lexikon der Anarchie, (sec:Rudolf Rocker)
Rudolf Rocker(sentado, o segundo empezando pola esquerda), con varios anarquistas londinienses.
Rudolf Rocker(sentado, o segundo empezando pola esquerda), con varios anarquistas londinienses.

Rudolf Rocker, nado en Maguncia o 25 de marzo de 1873 e finado preto de Nova York o 19 de setembro de 1958, foi un historiador e ilustre pensador e activista anarquista, alemán.

Os seus primeiros pasos en política deunos na socialdemocracia xermana, da cal, finalmente, afastouse, por discrepancias tácticas e teóricas. Rocker contribuíu ao pensamento libertario contemporáneo como poucas figuras fixérono; transformándose, deste xeito, nun dos homes máis recordados polo seu legado ao pensamento anarquista do século XX.

En Alemaña Rocker organizara a Freie Arbeiter-Union Deutschlands (FAUD).

A mellor obra de Rudolf Rocker, e a que nos entrega maiores indicios sobre o seu pensamento é Nacionalismo e Cultura. Nesta, sinala a ruptura existente entre o nacionalismo moderno e o proceso xeral da cultura, considerando ao ambiente intelectual en que se move un individuo máis forte que as supostas influencias do "espírito nacional".

Así mesmo, o primeiro capítulo da obra comentada anteriormente (que posúe máis de 550 páxinas), chámase A insuficiencia do materialismo económico no cal sitúa a "vontade de poder" como un factor histórico no desenvolvemento da humanidade. De igual xeito expón, como o fixese Max Weber anos antes, a imposibilidade de analizar a historia con métodos científicos e crítica, tamén, a visión de "simple superestrutura", que a escola marxista ten sobre o Estado.

Nacionalismo e Cultura, contén, en todo caso, unha variada cantidade de capítulos que abarcan desde o absolutismo europeo á manifestacións da arte contemporánea.

A bibliografía de Rocker ten máis unha trintena de títulos, sen contar o achegue a numerosos diarios e a cantidade de conferencias dadas ao longo da súa axitada carreira.

En galego editouse o texto Porque sou anarquista, unha declaración da súa ideoloxía e actitude vital, que inclúe tres artigos: "Marx e as ideias libertárias", onde critica a falta de honestidade intelectual do comunista alemán Karl Marx e o seu desprezo por Proudhon; "O sistema dos sovietes e a ditadura do proletariado", e "O papel dos sindicatos na construção do socialismo".

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Porque sou anarquista, textos en galego.

In 29 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article