factograf
GL
Sign in

Rotemburg

Rotemburg
All data from the card 4
Código postal
36199
OpenStreetMap
238957
VIAF
125656303
Freebase
/m/0dpc67

Rotemburg (oficialmente en alemán: Rotenburg an der Fulda), é unha pequena cidade do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hessen, Alemaña.

Xeografía

Encóntrase situada a uns 180 msnm, á beira do río Fulda, un dos afluentes do río Weser.

A cidade atópase ao sur da cordilleira Stölzinger Gebirge, na parte máis estreita do val do Fulda. O punto máis baixo da cidade está a 180 m sobre o nivel do mar, na zona próxima ás dúas pontes que cruzan o río Fulda que unen a Cidade Vella e a Cidade Nova; estas ponte son a Alte Fuldabrücke ("Ponte vella de Fulda") e a Brücke der Städtepartnerschaften ("Ponte das asociacións da cidade"). O punto máis alto da cidade é o Alheimer de 548,7 m de altura, situado no límite da cidade de Rotenburg e a comunidade veciña de Alheim.

Ocupa unha superficie de 79,84 km2. A súa poboación, segundo o censo de 31 de decembro de 2020, era de 13 959 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 170 hab./km2.

As cidades importantes máis próximas son Bad Hersfeld (a 16 km ao sur), Kassel (a 50 km ao norte) e Fulda (a 70 km ao sur).

Historia

A cidade foi a capital do Landgraviato de Hesse-Rotenburg desde 1627 a 1834. Foi incendiada durante a Guerra dos Trinta Anos polas tropas do Sacro Imperio Romano Xermánico en febreiro de 1637.

Antigo distrito

En 1821 creáronse os distritos en Hessen, incluíndo os distritos de Hersfeld e de Rotenburg, que permaneceron case inalterados (excepto nun breve período despois da revolución de 1848, cando foron disoltos cando de produciu a anexión de Hessen-Kassel por Prusia e a creación do estado de Hessen. En 1972 ambos os distritos fusionáronse nun só.

Galería

Escudo de armas
Escudo de armas
Castelo do Landgrave en Rotenburg, vista frontal do edificio central
Castelo do Landgrave en Rotenburg, vista frontal do edificio central
Casa do Concello de Rotenburg (construída entre 1597 e 1598)
Casa do Concello de Rotenburg (construída entre 1597 e 1598)
Altstadtstraße 16 de Rotenburg, vista desde o norte
Altstadtstraße 16 de Rotenburg, vista desde o norte
Igrexa de Santiago o Maior, patrón da cidade, na praza do mercado
Igrexa de Santiago o Maior, patrón da cidade, na praza do mercado
Marstall en Rotenburg (construído en 1570)
Marstall en Rotenburg (construído en 1570)
6 images

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


In 42 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article