factograf
GL
Sign in

físico, filósofo e matemático inglés

Roger Penrose

Roger Penrose

Key facts

data de nacemento8 de agosto de 1931
educado enUniversity College de Londres
ocupaciónmatemático, físico, filósofo
lugar de nacementoColchester
empregadorGresham College
distinciónMembro da Royal Society
descrito pola fonteFiziki
All data from the card 16
Nacemento
8 de agosto de 1931 (95 anos)Colchester
Relixión
Agnosticismo
Educación
University College de Londres (–1955)Universidade de Cambridge (1955–1958)University College School (pt) (1945–)
Tese académica
Tensor Methods in Algebraic Geometry (en) (1958 )
Director de tese
John Arthur Todd (pt)
Campo de traballo
Física, física matemática e matemáticas
Ocupación
matemático, profesor universitario, astrónomo, filósofo, físico, astrofísico
Interesado en
Física
Profesores
William Vallance Douglas Hodge, Hermann Bondi, Paul Dirac e Dennis Sciama
Influencias
Dennis Sciama
Título
Knight Bachelor
Cónxuxe
Vanessa Thomas (1988–)Joan Isabel Wedge (1959–1981), divorcio
Pais
Lionel Penrose e Margaret Leathes
Irmáns
Shirley HodgsonJonathan PenroseOliver Penrose
Parentes
Roland Penrose, tío
Descrito pola fonte
Fiziki, (p.211)

Roger Penrose, nado en Colchester (Essex) o 8 de agosto de 1931, é un físico matemático inglés. É coñecido particularmente polas súas contribucións á teoría da relatividade xeral e á cosmoloxía. Tamén destacou no ámbito das matemáticas recreativas e a filosofía. Foi Premio Nobel de Física en 2020 xunto con Reinhard Genzel e Andrea Ghez.

Traxectoria

Penrose é fillo do científico Lionel Penrose e de Margaret Leathes, e irmán do matemático Oliver Penrose e o xogador de xadrez Jonathan Penrose.

En 1955, cando era estudante reinventou a “inversa xeneralizada”, tamén coñecida como inversa Moore-Penrose. Conseguiu o seu doutoramento en Cambridge en 1958, cunha tese sobre métodos tensores en xeometría alxébrica baixo a supervisión de John A. Todd. En 1965 Penrose e o físico Stephen Hawking probaron que aas singularidades poden formarse a partir do colapso de inmensas estrelas moribundas.

En 1967 inventou a teoría de twistores que mapea obxectos xeométricos dun espazo de Minkowski nun espazo complexo en catro dimensións coa signatura métrica (2,2). En 1969 propuxo a hipótese da censura cósmica, que conxectura que o universo nos protexe da impredicibilidade inherente das singularidades (como os buracos negros) ocultándoos da vista. Esta forma coñécese actualmente como a hipótese feble da censura; en 1979, Penrose formulou unha versión máis firme chamada hipótese forte da censura. Xunto coa conxectura BKL e os problemas coa estabilidade non linear, resolver a conxectura da censura cósmico é un dos problemas máis importantes da teoría da relatividade.

Penrose é coñecido polo seu descubrimento en 1974 dos teselados que reciben o seu nome, que están formados de dúas teselas que só poden teselar o plano de forma aperiódica. En 1984 atopáronse padróns similares na organización de átomos en cuasicristais.

A súa contribución máis importante pode considerarse a invención das redes de spin (1971). Tamén influíu na popularización dos diagramas causales, coñecidos como diagramas de Penrose.

En 2020 recibe o Premio Nobel de Física.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 80 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article