factograf
GL

actor e director italiano

Roberto Benigni

Roberto Benigni

Key facts

data de nacemento27 de outubro de 1952
ocupacióndirector de cinema, guionista, humorista
lugar de nacementoCastiglion Fiorentino
cónxuxeNicoletta Braschi
distinciónBAFTA ao mellor actor
All data from the card 7
Nacemento
(it) Roberto Remigio Benigni 27 de outubro de 1952 (73 anos)Castiglion Fiorentino
Ocupación
director de cinema, actor de teatro, cantautor, cineasta, actor, realizador, actor de cinema, artista urbano, compositor, guionista, humorista, músico
Período de actividade
1972 -
Instrumento
Voz
Selo discográfico
Philips Deutsche Grammophon Mercury Records
Cónxuxe
Nicoletta Braschi (1991–)
Parentes
Gianluigi Braschi, cuñado

Roberto Benigni, nado en Manciano La Misericordia, Castiglion Fiorentino, na Toscana, o 27 de outubro de 1952, é un actor e director italiano de cinema.

Traxectoria

Apareceu en varias producións italianas como Il mostro ou Johnny Stecchino, normalmente escritas, dirixidas e protagonizadas por el. A súa muller Nicoletta Brasci adoita acompañalo nas súas películas que lle deron unha enorme fama en Italia e é considerado como o mellor actor cómico italiano dos anos noventa. Tamén participou na produción francesa de Astérix et Obélix contre César, onde daba vida ó mesquiño pero xenial Detritus.

Benigni é coñecido sobre todo pola súa traxicomedia La vita è bella, filmada en Cortona, que trata sobre un home que intenta protexer ó seu fillo durante o seu internamento nun campo de concentración nazi, contándolle que o Holocausto é un xogo e que deben ter moito coidado coas regras se queren gañalo. Na cerimonia dos Oscars a película obtivo tres galardóns: mellor actor, mellor película estranxeira e mellor banda sonora.

A súa peculiar versión de Pinocho foi un fracaso comercial en Italia e non chegou a estrearse en países como España, mentres que a súa película, La Tigre e la neve, ambientada na Guerra de Iraq e que retoma o fío agridoce e romántico de La vita è bella tivo máis sorte. Nela forma parella protagonista coa súa esposa.

Benigni foi comparado cos mellores actores cómicos da historia. Ten un certo aire de bufón que foi moitas veces comparado con Buster Keaton e ata con Chaplin.

Filmografía

Como actor

Ano Título Papel Notas
1976 Onda Libera Mario Cioni Programa de televisión
1977 Berlinguer ti voglio bene Mario Cioni
1979 I giorni cantati
Clair de Femme Barman
Chiedo asilo Roberti
A Lúa Upholsterer
Letti selvaggi Principal
1980 Il Pap'occhio Benigni
1981 Il minestrone Il maestro Grolla d'oro
Anche i ladri hanno un santo
1983 Effetti personali
Tu mi turbi Benigno
Tutto Benigni Himself
1984 Non ci resta che piangere Saverio Tamén director
Cinématon Himself
1986 Baixo o peso da lei Roberto
1988 Il piccolo diavolo Giuditta Tamén director
1990 La voce della luna Ivo Salvini
1991 Noite na terra Condutor (Roma)
Johnny Stecchino Dante, Johnny Stecchino
1993 Son of the Pink Panther Jacques Gambrelli
1994 Il mostro Loris Tamén director
1997 La vita è bella Guido Orefice
1999 Astérix et Obélix contre César Lucius Detritus
2002 Roberto Benigni – Chaos With Method
Pinocchio Pinocchio Tamén director
2003 Coffee and Cigarettes Roberto segmento "Strange to Meet You"
2005 La tigre e la neve Attilio de Giovanni Tamén director
2012 To Rome with Love Leopoldo Pisanello

Como director

Ano Filme Notas
1983 Tu mi turbi Tamén protagonista
1984 L'addio a Enrico Berlinguer Filme documental
1985 Non ci resta che piangere Tamén protagonista
1988 Il piccolo diavolo Tamén protagonista
1991 Johnny Stecchino Tamén protagonista
1994 Il mostro Tamén protagonista
1997 La vita è bella Tamén protagonista
2002 Pinocchio Tamén protagonista
2005 La tigre e la neve Tamén protagonista

Premios

Read next

In 79 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article