Robert Bushnell Ryan, nado en Chicago o 11 de novembro de 1909 e finado en Nova York o 11 de xullo de 1973, foi un actor de cinema estadounidense. Cun perfil moi característico e cun granítico rostro estriado, foi unha estrela nos anos corenta e cincuenta, de filmografía non extensa, mais si destacada.
Traxectoria
Ryan naceu en Chicago, Illinois, fillo máis vello de Mable Arbutus (Bushnell), secretaria, e Timothy Aloysius Ryan, dunha familia rica que posuía unha empresa inmobiliaria. Comezou no cinema traballando para a Paramount nalgúns filmes sen acreditar, mais a fama chegoulle co malvado soldado de Encrucillada de odios dirixido por Edward Dmytryk en 1947. Por esta actuación recibiu a súa única candidatura ao Óscar. Desta etapa destacou a súa interpretación nos filmes Trail Street, tamén de 1947, e dirixido por Ray Enright; The Woman on the Beach de Jean Renoir; Berlín Express (1948) dirixido por Jacques Tourneur; Atrapados (1949) de Max Ophuls e o filme sobre o mundo do boxeo, O amaño (1949), dirixido por Robert Wise, en que o actor rememorou a súa época de boxeador, deporte que practicara na universidade e que foi un dos seus filmes favoritos.
Durante a década dos cincuenta traballou novamente con importantes directores e así realizou con Nicholas Ray o drama bélico Flying Leathernecks (onde tivo un duelo interpretativo con John Wayne), The Racket e A casa en sombras; con Fritz Lang trabalou en Clash by Night; con Anthony Mann no western The Naked Spur e no drama bélico sobre a guerra de Corea Men in War (1957); con Samuel Fuller traballou en House of Bamboo, e interpretou memorables malvados de novo nos filmes Bad Day at Black Rock dirixido por John Sturges e The Tall Men de Raoul Walsh.
Nos sesenta e setenta a súa aparición na panatlla grande reduciuse, limitándose a participar só en grandes producións: así, foi Xoán o Bautista en King of Kings dirixido polo seu coñecido Nicholas Ray, na adaptación da novela de Herman Melville Billy Budd, dirixida polo actor Peter Ustinov ou en superproducións bélicas como The Longest Day, A batalla das Ardenas ou A batalla de Anzio. Tamén destacou no filme de Sam Peckinpah, Grupo salvaxe (1969).
Política
Aínda que Ryan serviu no exército, pasou a compartir as ideas pacifistas da súa esposa Jessica, que era cuáquera.
A finais da década de 1940, cando o House Committee on Un-American Activities (HUAC) intensificou os seus ataques anticomunistas sobre Hollywood, uniuse ao Committee for the First Amendment ("Comité pola Primeira Emenda"). Durante os anos cincuenta, doou cartos e servizos a organizacións cívicas e relixiosas como American Civil Liberties Union, American Friends Service Committee e United World Federalists. En setembro de 1959, el e Steve Allen fundaron a sección de Hollywood de The Committee for a SANE Nuclear Policy.
A mediados da década de 1960, as actividades políticas de Ryan incluíron esforzos para loitar contra a discriminación racial. Participou na división cultural do comité de defensa de Martin Luther King Jr., e axudou a organizar Artists Help All Blacks, con Bill Cosby, Robert Culp e Sidney Poitier entre outros.
Ryan falou con frecuencia da dicotomía entre as súas crenzas persoais e as súas personaxes. Nunha emisión de Odds Against Tomorrow, apareceu perante a prensa para discutir "os problemas dun actor coma min interpretando a clase de personaxe que na vida real considera totalmente desprezable". Foi un pacifista que protagonizou filmes de guerra, western e suspense violentos; opúxose ao McCarthyismo, mais apareceu no filme de propaganda anticomunista I Married a Communist como un malvado axente comunista. En filmes socialmente progresistas como Encrucillada de odios, Bad Day at Black Rock, Odds Against Tomorrow e Acción executiva, interpretou viláns con prexuízos ou conspiradores.
Vida persoal
O 11 de marzo de 1939, casou con Jessica Cadwalader. Tiveron tres fillos: Timothy (n. 1946); Cheyney (n. 1948), investigador na Universidade de Oxford e profesor de filosofía e dereito na Universidade de Oregón e Lisa (n. 1951). Viviron no edificio Dakota entre a 72nd e Central Park West en Manhattan e posteriormente alugaron o apartamento a John Lennon e Yoko Ono.
No outono de 1951, abriu a progresista Oakwood School na patio traseiro de Jessica e Robert Ryan nos Ánxeles, fundada por un grupo de padres, creada e baseada os seus puntos de vista educativos e da infancia. Tres anos máis tarde, os pais, incluídos os Ryan, Sidney Harmon, Elizabeth Schappert, Wendy e Ross Cabeen, e Charles e Emilie Haas, compraron e construíron un colexio elemental en San Fernando Valley.
Robert e Jessica permaneceron casados ata a morte dela por cancro en 1972. Ryan morre de cancro de pulmón en Nova York o ano seguinte.
Filmografía
| Ano | Filme | Personaxe |
|---|---|---|
| 1940 | The Ghost Breakers | Intern (sen acreditar) |
| Queen of the Mob | Jim | |
| Golden Gloves | Pete Wells | |
| North West Mounted Police | Constable Dumont | |
| The Texas Rangers Ride Again | Eddie (sen acreditar) | |
| 1943 | Bombardier | Joe Connors |
| The Sky's the Limit | Reginald Fenton | |
| Behind the Rising Sun | Lefty O'Doyle | |
| The Iron Major | Father Timothy 'Tim' Donovan | |
| Gangway for Tomorrow | Joe Dunham | |
| Tender Comrade | Chris Jones | |
| 1944 | Marine Raiders | Capt. Dan Craig |
| 1947 | Trail Street | Allen |
| The Woman on the Beach | Scott | |
| Encrucillada de odios | Montgomery | |
| 1948 | Berlín Express | Robert Lindley |
| Return of the Bad Men | Sundance Kid | |
| O rapaz dos cabelos verdes | Dr. Evans | |
| Act of Violence | Joe Parkson | |
| 1949 | Atrapados | Smith Ohlrig |
| O amaño | Stoker | |
| I Married a Communist | Brad Collins | |
| 1950 | The Secret Fury | David Mclean |
| Born to Be Bad | Nick | |
| 1951 | Hard, Fast and Beautiful | Seabright Tennis Match Spectator (sen acreditar) |
| Best of the Badmen | Jeff Clanton | |
| Flying Leathernecks | Capt. Carl 'Griff' Griffin | |
| The Racket | Nick Scanlon | |
| A casa en sombras | Jim Wilson | |
| 1952 | Clash by Night | Earl Pfeiffer |
| Beware, My Lovely | Howard Wilton | |
| Horizons West | Dan Hammond | |
| 1953 | The Naked Spur | Ben Vandergroat |
| City Beneath the Sea | Brad Carlton | |
| Inferno | Donald Whitley Carson III | |
| 1954 | Alaska Seas | Matt Kelly |
| About Mrs. Leslie | George Leslie | |
| Her Twelve Men | Joe Hargrave | |
| 1955 | Bad Day at Black Rock | Reno Smith |
| House of Bamboo | Jim Brecam | |
| Escape to Burma | Sandy Dawson | |
| The Tall Men | Nathan Stark | |
| 1956 | The Proud Ones | Marshal Cass Silver |
| Back from Eternity | Bill Lonagan | |
| 1957 | Men in War | Tte. Benson |
| 1958 | Lonelyhearts | William Shrike |
| God's Little Acre | Ty Ty Walden | |
| 1959 | Day of the Outlaw | Blaise Starrett |
| Odds Against Tomorrow | Earle Slater | |
| 1960 | Ice Palace | Thor Storm |
| 1961 | The Canadians | Inspector William Gannon |
| King of Kings | Xoán o Bautista | |
| 1962 | The Longest Day | Brig. Gen. James M. Gavin |
| Billy Budd | John Claggart- Master at Arms | |
| 1964 | World War One | Narrador |
| 1965 | The Crooked Road | Richard Ashley |
| The Dirty Game | General Bruce | |
| A batalla das Ardenas | Gen. Grey | |
| 1966 | Os profesionais | Ehrengard |
| 1967 | The Busy Body | Charley Barker |
| The Dirty Dozen | Col. Everett Dasher Breed | |
| Hour of the Gun | Ike Clanton | |
| Custer of the West | Sgt. Patrick Mulligan | |
| 1968 | A Minute to Pray, a Second to Die | New Mexico Gov. Lem Carter |
| A batalla de Anzio | General Carson | |
| 1969 | Grupo salvaxe | Deke Thornton |
| Captain Nemo and the Underwater City | Capitán Nemo | |
| 1971 | En nome da lei | Marshall Sabbath Cotton Ryan |
| The Love Machine | Gregory 'Greg' Austin | |
| 1972 | ... and Hope to Die | Charley Ellis |
| 1973 | Lolly-Madonna XXX | Pap Gutshall |
| The Outfit | Mailer | |
| Acción executiva | Robert Foster | |
| The Iceman Cometh | Larry Slade |
Véxase tamén
Bibliografía
- Othman, Frederick C. "Hollywood Reporter". The Middlesboro Daily News. 23 de agosto de 1943.
- UP. "Robert Ryan Isn't Sure He Can Afford Stardom"[Ligazón morta]. The Milwaukee Journal. 19 de novembro de 1947.
- AP. "Robert Ryan: A Friend of the Underdog". The Pittsburgh Post-Gazette. 14 de setembro de 1948.
- "Robert Ryan's Advice to Would-Be Actors". The Deseret News. 10 de novembro de 1951.
- Finnigan, Joseph. "Actor Robert Ryan Set to Find His Relatives"[Ligazón morta]. The Palm Beach Post. 4 de xullo de 1961.
- Pack, Harvey. "Bob Ryan Shines on TV and Stage". The Toledo Blade. 23 de xuño de 1969.
- Otterburn-Hall, William. "Robert Ryan Recalls First Trip to Durango". The Saskatoon Star-Phoenix. 6 de xuño de 1970.
- Thomas, Bob. "Robert Ryan Fights Back After Tragic Two Years"[Ligazón morta]. The Milwaukee Journal. 25 de agosto de 1972.
- Jones, J.R. "The Actor's Letter: A Reminiscence by Film Noir Icon Robert Ryan" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. The Chicago Reader. 29 de outubro de 2009.
- Dargis, Manohla. "Robert Ryan's Quiet Furies". The New York Times. 5 de agosto de 2011.
- Kennedy, Harold J. No Pickle, No Performance. An Irreverent Theatrical Excursion from Tallulah to Travolta. Nova York, Doubleday & Co., 1978
Ligazóns externas
- In Praise of Robert Ryan Arquivado 18 de abril de 2014 en Wayback Machine. The L Magazine
- Robert Ryan TributeArquivado 06 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- The Robert Ryan Homepage en Wayback Machine (archived October 27, 2009)
- The Robert Ryan Centennial
- Photographs and literature on Robert Ryan
